Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 19/04/2024 | Feira de emprego UVigo 3

Unha feira de emprego que sabe a futuro

Feira de Emprego da Universidade de Vigo no Campus de Ourense

19/04/2024

Este xoves, 18 de abril,  fomos con toda a ilusión a ensinar e aprender á Feira de Emprego da Universidade de Vigo que se celebrou no Campus de Ourense. Estar na vangarda do mercado laboral e formativo é un reto para nós porque queremos darlle os mellores servizos á nosa xente e para iso cómpre innovar e cómpre contar co mellor equipo profesional para sumalo ó mellor equipo que temos, a comunidade.
Unha feira de emprego é ese espazo de encontro entre entidades e empresas por unha banda e estudantes ou persoas recentemente egresadas por outra. Identificar talentos é, sobre todo, escoitar a quen ten todo por dicir e todo por vivir. Máis de cen estudantes pasaron polo noso stand para contarnos como ven o CDR dende a óptica académica e como ven o seu futuro laboral. Nós correspondemos explicándolle a canta xente nos visitou a vitalidade que ten a comarca da Limia e canto futuro ten.
Estudantes de educación social, traballo social, dereito, administración de empresas, turismo, educación infantil, educación primaria, enxeñaría dos alimentos, etc. foron a nosa compañía nesta xornada ó mesmo tempo ca entidades do terceiro sector coma Igaxes, Atelier ou Foro Emprego así como empresas da envergadura de Finsa, Hotusa, Coren ou Aceites Abril.
Levamos experiencias para sumar á traxectoria do CDR e seguir construíndo realidades na Limia.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias