Accesibilidad

B.1- Vivenda Comunitaria

B.1- Vivenda Comunitaria
A túa outra casa

Desde - Hasta: 15/04/2002 - Actualmente

Co ánimo de que as circunstancias non obriguen ás persoas maiores da nosa contorna ó abandono do seu lugar de referencia na súa existencia: a súa casa, a súa xente, o seu pobo… O Centro de Desenvolvemento Rural “O Viso”, aposta por un modelo de convivencia que se acerque na medida do posible, ós modos de vida normalizados e que supoña, unha alternativa de continuidade á vivenda habitual.  En Lodoselo (Sarreaus), podes atopar “A TÚA OUTRA CASA”, un aloxamento tutelado para persoas maiores cun máximo de 12 prazas. O tipo de tutela que se exercerá variará, sendo determinante o grao de dependencia dos membros do grupo.


SERVIZOS QUE OFRECE A VIVENDA:  Manutención, lavado de roupa, limpeza, dinamización social e o apoio preciso para a realización das actividades da vida cotiá segundo as necesidades particulares (aseo, coidados, administración de medicamentos,…). A vivenda dispón de teléfono, calefacción, comedor e sala de estar, cociña, habitacións dobres e individuais,… todo na planta baixa.


Máis información, no teléfono 988 46 15 71 ou no correo electrónico atuaoutracasa@cdroviso.org.