Accesibilidad

Por que doar?

Ó longo destes anos o Centro de Desenvolvemento Rural “O Viso”, ven contando coa colaboración de diferentes institucións, empresas e particulares que confiaron en nós para continuar co noso proxecto na comarca da Limia. Se estás interesado/a  en colaborar, sexas particular ou empresa, podes facelo no apartado Doar agora”, a través da PayPal, ou facendo un ingreso bancario. Para calquera dúbida ou cuestión podedes contactar con nós no teléfono 988 46 15 71 ou deixarnos unha mensaxe no correo electrónico colabora@cdroviso.org; estaremos encantados de explicarvos cómo facelo, ben sexa unha donación económica ou en especie. Calquera axuda é ben recibida.


Coma doante, podes elixir a finalidade que lle queres dar a túa aportación. Podes destinala a un proxecto en concreto, garantíndote que a túa aportación emplearase soamente alí, ou permitir co CDR “O Viso” para que a empregue nos proxectos máis prioritarios en cada momento.
Ó estar o CDR “O Viso” declarada como entidade de Utilidade Pública, as doazóns tanto de particulares coma de empresas, son deducibles no IRPF ou no imposto de sociedades, cunha dedución entre o 25% e o 30% na cota íntegra.


Coa túa axuda estás posibilitando que poidan continuar tódolos proxectos e servizos que actualmente estamos a levar a cabo.


¡Moitas Grazas!

      Imprimir