Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 02/04/2024 | Voluntariado. Biocoidados Lodoselo

Xornada de Formación do Voluntariado: Protagonistas do Cambio no medio rural.

02/04/2024 | Lodoselo

Protagonista do cambio no medio rural é aquela persoa que Quere Facer e aquela persoa que Deixa Facer... Todos e todas temos capacidades diferentes...pero para que esta frase sexa realidade...debemos comezar a ser capaces de ver, de interiorizar e de entender que incluir no noso entorno a persoas con capacidades diferentes require dun esforzo e dunha empatía tamén diferentes. Pensar en inclusión non só é pensar que unha persoa con discapacidade participe nunha actividade normalizada, senon que é facer todos os axustes precisos para que a capacidade, o interese e a tarefa conxuguen.
Iniciar o camiño do voluntariado con persoas con capacidades diferentes é comezar a romper barreiras en cada un e cada unha de nós....xa que sentir que podes ser protagonista dun pequeno cambio fai romper barreiras persoais demasiado altas e custosas de superar.
Hoxe tivemos a primeira Xornada de Formación do Voluntariado no 2024, onde persoas participantes de Biocuidados coñeceron parte dos nosos Servizos, esperamos que algúns deles participen como voluntarios/as naquelas tarefas onde se atope o axuste perfecto de Querer facer, Deixar Facer coas Capacidades e cos seus Intereses.
Esta acción enmárcase no proxecto #BIOCOIDADOS: NOVOS MODELOS DE COIDADO PRESTADOS POLA COMUNIDADE, CENTRADOS NA PERSOA, EN CONTORNAS RURAIS; está vinculado ao Plan de Recuperación Transformación e Resiliencia do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 e financiado pola Unión Europea- Next GenerationEU, proxecto piloto promovido pola Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural (COCEDER)
 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias