Accesibilidad

Noticias 

© ENCIGA | 26/11/2023 | Cartel Congreso ENCIGA

Participamos no XXXVI Congreso de ENCIGA

Unha das cinco visitas foi a do Pobo escola (Lodoselo - CDR O Viso)

26/11/2023

Os pasados días 23, 24 e 25 de novembro de 2023 celebrouse o XXXVI Congreso de ENCIGA no IES LAGOA DE ANTELA de Xinzo de Limia. ENCIGA é unha asociación de profesoras e profesores de Ciencias que tenta mellorar a calidade do ensino nas áreas matemático científico tecnolóxicas nos niveis educativos non universitarios. Foi fundada o 16 de xaneiro de 1988.
Forma parte da Federación Internacional de Asociacións de Ensino da Ciencia, ICASE International Council of Associations for Science Education) e agrupa a ensinantes de Galicia, aínda que nas súas actividades está aberta a colaboración de profesores e profesoras de ciencias doutras partes de España ou de fóra de España.
O obxectivo fundamental de ENCIGA é tentar a mellora da calidade no ensino na área de ciencias, en todos os niveis educativos, preferentemente non universitarios. Para conseguilo, ENCIGA tenta divulgar traballos de investigación educativa e intercambio de información entre as persoas socias. Todos os resultados e informacións, tanto dos grupos de traballo como dos/as asociados/as, canalízanse a través do Boletín das Ciencias que é o medio de comunicación oficial de Enciga.
O Congreso Anual de Ensinantes de Ciencias é o acontecemento anual da asociación que, ademais do fin formativo, ten un fin claramente social: o achegamento entre colegas na profesión. Temos a opción de participar en moitas actividades de debate e intercambio de experiencias, que mellorarán a nosa práctica docente. Tamén expoñer aquela idea ou proxecto que xa levou a cabo e decídese compartir.
A coordinación deste XXXVI Congreso de ENCIGA, Ana Belén Martínez Álvarez e Miguel Ángel Yebra Ferro tiveron a amabilidade de contar co CDR O Viso para a mañá do venres 24. Nesa xornada, en horario de mañá, estaban organizadas cinco visitas ás que asistir.
VISITA 1.-Visita a dúas zonas recuperadas pola Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), na Veiguiña de Gomareite e noutra das tres zonas de intervención
VISITA 2.- Centro de Desenvolvemento Rural “O Viso” (Semiexterior). https://www.kizoa.com/Movie-Maker/d403463392k1669408o2l1/ENCIGA. Lodoselo 2023
VISITA 3.- Castelo dá Pena e Mosteiro do Bon Xesús (Exterior).
VISITA 4.- Casa dá Lagoa e Museo dá Limia (Interior).
VISITA 5.- Xinzo de Limia e Museo do Entroido (Semiexterior).
En Lodoselo acollemos encantados a esta xente e fixemos un percorrido por algunhas das nosas instalacións compartindo un relato do noso empeño dinamizador favorecendo a aprendizaxe e concibindo o Medio como educador total. A Educación Ambiental como educación sobre o medio, no medio e para o medio. Lembrámoslles a posibilidade de participar co alumnado no Pobo escola e mesmo promovemos a súa participación, esa mesma mañá, nalgunha das actividades que alí facemos. Camilo, Alberto, Lucía, Ronsel, Pili, Eloi e Toño compartimos cos participantes nesta visita algún tempo desta mañá. Moitas grazas.
https://enciga.org/wp-content/uploads/2023/11/Programa_Xinzo-de-Limia_XXXVI_Congreso-2.pdf

Arquivada en:
Infórmate > Noticias