O noso traballo >  

B.5- Biocuidados

  • Orientados ás persoas, adaptados á realidade, integrados na comunidade
  • Dende - Ata: 01/01/2022 - 31/12/2024

Un modelo de atención e desenvolvemento de servizos de apoio comunitarios no ámbito dos coidados que se está elaborando desde o paradigma da Atención Integral Centrada na Persoa.
Está a realizarse en nove comunidades autónomas (Andalucía, Aragón, Asturias, Cantabria, Castela e León, Cataluña, a Comunidade Valenciana, Estremadura e Galicia) e en 18 localizacións con distintos colectivos como infancia e adolescencia en risco de exclusión, persoas maiores e persoas con diversidade funcional.
Biocuidados está inspirado no ecosistema que xera a comunidade rural. Este modelo para o coidado da vida e as persoas do medio rural quere aproveitar as pequenas dimensións das poboacións rurais para implementar outros modelos de atención na comunidade e de maneira integral, xa que no mundo rural non hai segmentacións entre os colectivos da poboación.
Aproveitar a idiosincrasia do comunitario no rural para promover unha vida plena e demostrar que é posible levar a cabo infinidade de proxectos de vida diferentes nestas contornas nos que certamente temos a moita xente maior. E a eles queremos telos en conta, empezar por contar con eles, preguntarlles como queren ser atendidos, analizar as necesidades e os proxectos de vida das persoas para articular modelos de apoio baseados nos recursos da comunidade rural que presten servizos integrais centrados na persoa, potenciando a súa autonomía persoal.
Con este enfoque e ben deseñada a metodoloxía de traballo ad hoc implementarase para que as persoas poidan desenvolver os seus proxectos de vida na súa comunidade rural. Porque o medio rural danos unha escala máis pequena e máis humana, cunha rede social activa, con coñecemento de cada unha das persoas, o que permitirá deseñar eses proxectos de vida integrais centrados na persoa.
E quizá, máis adiante, podamos, por medio destas propostas contrastadas, lograr un mellor desenvolvemento rural grazas ao cal, as persoas que viven nestas comunidades, sintan que poden vivir plenamente.  Cun acceso específico á atención e aos servizos necesarios.
Tras avaliar o proxecto piloto con axentes externos como as universidades colaboradoras, administracións locais e autonómicas e outros axentes sociais dos territorios, esperamos contribuír ao desenvolvemento de novas políticas públicas para a prevención da institucionalización, o fomento da  desinstitucionalización e mellorar o modelo de atención e desenvolvemento de servizos de apoio comunitarios no ámbito dos coidados.

Máis información, no teléfono 988 46 15 71 ou a través do correo cdroviso_biocuidados1@coceder.org

http://www.cdroviso.org/files/mscoviso/2022-6/20-11-59-53.admin.triptico_biocuidados_1.jpg

http://www.cdroviso.org/files/mscoviso/2022-6/20-12-0-31.admin.triptico_biocuidados_2.jpg

Tamén en Infórmate, documentos http://www.cdroviso.org/files/mscoviso/2022-6/25-12-46-24.admin.HISTORIAS_DE_VIDA.docx , http://www.cdroviso.org/files/mscoviso/2022-6/25-12-46-24.admin.AICP_1.docx

aceptacookies