Accesibilidad

C.1- CIX da Limia. C. de Información e S. Integrados

C.1- CIX da Limia. C. de Información e S. Integrados
Só podemos ofrecer o que somos, o que temos

Desde - Hasta: 15/01/2000 - Actualmente

O CIX é un Centro de Información para a mocidade e para toda a comunidade da Limia, xurdido da iniciativa do Centro de Desenvolvemento Rural “O Viso” e que conta co apoio de diferentes administracións.
O obxectivo do CIX da Limia é achegar á sociedade Limiá todas aquelas informacións que poidan ser de interese e utilidade, así como facilitar o acceso a axudas, subvencións e outros recursos que poñen en marcha as diferentes administracións. Desta forma o CDR O Viso, a través do CIX da Limia, pretende facilitar a toda a comunidade, especialmente á mocidade a inserción laboral, a mellora da formación profesional e educativa, a promoción do asociacionismo e a participación social e cultural.


Onde nos podes atopar?
Visítanos: Estamos na Rúa Ladeira, nº 21, baixo 32630 Xinzo de Limia. Tfno.: 988 46 15 71
Durante o curso escolar nas mesas informativas dos IES de Xinzo de Limia
Déixanos unha mensaxe:
Correo electrónico: cixdalimia@cdroviso.org
Skype: cixdalimia.


Sobre que te podemos informar?
O CIX pertence á Rede Galega de Información Xuvenil da Xunta de Galicia, (xuventude.net) o que xunto coa nosa experiencia, pode poñer ao teu alcance toda a información que precises, E SE NON A TEMOS,  BUSCÁMOLA!


Carnés
Realizamos o Carné “Xove”: De 12 a 30 anos, descontos en transporte, comercio, cultura, ensino... válido en 34 estados.


Emprego
Queres traballar e non sabes onde buscar? Queres montar un negocio e non sabes cómo?
Dende o CIX podemos axudarche a buscar traballo e asesorarte sobre as axudas que están a túa disposición; ademais informámoste sobre cursos, elaboración de currículos, ofertas de emprego (CIMO, RIX...), oposicións, etc. Consúltanos!
No CIX temos unha Bolsa de Traballo na que podes anunciarte gratuitamente para realizar calquera clase de traballo ou ocupación e nela tamén recolleranse demandas de emprego ás que poderás acceder.
Estudos e saídas profesionais
Queres formarte e non sabes que facer?
No CIX trataremos de orientarte sobre os estudos que podes realizar e sobre as súas saídas profesionais. Ademais manterémoste informado/a das novas convocatorias, de todo tipo de bolsas, becas e axudas.  Actividades de tempo libre e culturais
No CIX terás información actualizada sobre as iniciativas e actividades culturais que se realizan na Limia e noutras zonas da provincia; tamén sobre as actividades de tempo libre, campamentos, campos de traballo, intercambios, etc...