O noso traballo >  

O noso traballo

A.5. Agro-gandaría: mantemento da diversidade e a paisaxe

  • O que facemos fainos
  • Dende - Ata: 03/04/2008 - Actualmente

Temos varias frontes abertas e case sempre vencelladas entre si, como a vida mesma; sabedes dos espazos que ocupamos, coidamos (terreos que nos deixan  e que utilizamos para horta e para os animais domésticos que temos ( burros, ovellas, galiñas, coellos, patos, pavos, abellas,  Néboa, gato...). Neste momento, por ser menos coñecido queremos contarvos este.  

Investigación para a recuperación, recolección e almacenaxe de sementes de variedades  autóctonas da comarca da Limia.

Os nosos obxectivos son:

- Investigación en recursos xenéticos locais (sementes de produtos de agricultura tradicional).

- Investigación para a recuperación dos coñecementos tradicionais, ligado á conservación da biodiversidade agraria.

- Fomento dunha agricultura social sustentable na procura de loitar contra o cambio climático.

- Fomento dunha cultura alimentaria saudable, dentro do marco do desenvolvemento rural sustentable.

- Fomento na implantación de cultivos autóctonos cun enfoque ecolóxico e sustentable, dentro do marco do desenvolvemento rural sustentable.

- Investigación científico - técnica para a mellora das prácticas en educación ambiental en materia de conservación da biodiversidade.

- Recuperación dun patrimonio cultural/natural, hoxe en desuso pola implementación dunha agricultura industrial e extensiva.


- Recuperación dos coñecementos que aínda quedan na memoria de persoas maiores da nosa comarca dedicadas á agricultura.

- Valorar o seu coñecemento e convertelos en  transmisores deles.

- Buscar un asesoramento por profesionais en agricultura social e biolóxica.

- Conseguir/recuperar sementes de cultivos tradicionais que se empregaban na comarca.

- Crear un banco de sementes

- Aprender técnicas de recolección, selección e conservación de sementes

- Aprender as técnicas de plantación, cultivo, recolección, obtención de sementes.

- Establecer un vínculo de conexión entre persoas maiores, con coñecementos en agricultura tradicional con novos/ as agricultores/ as ou poboación que estea interesada nestas prácticas.

- Poñer en valor a agricultura tradicional e as súas variantes como agricultura social e agricultura biolóxica.

- Poñer en valor a aquelas persoas que teñen estes coñecementos e que é necesario preservar para xeracións futuras.

- Dotar a estas persoas de habilidades na transmisión de coñecementos.

- Permitir  que persoas maiores síganse sentindo “útiles”.

- Establecer un lugar como centro de información, situado en  Lodoselo e outros pobos limítrofes.

- Levar á práctica as técnicas aprendidas, coa consecuente plantación e seguimento de cultivos das sementes colleitadas, xerando produción de novas sementes.

- Obter produtos de calidade, obtidos mediante cultivo biolóxico e social, cun mínimo impacto ambiental tanto a nivel de contaminación na produción como en xeración de gases efecto invernadoiro, debido á proximidade produción/consumo.

- Conseguir os requisitos de  trazabilidade que nos permitan empregar estes produtos nas instalacións do  CDR “O Viso” nas diferentes dependencias.

- Potenciar os cultivos mediante as técnicas mostradas, coa obtención de produtos que promovan o autoconsumo nos habitantes da comarca, reducindo o impacto ambiental.

Aquí, a continuación, algunhas imaxes deste traballo: 

Cultura alimentaria saudable... 2018

Hosting por dinahosting.

banner

Materiais relacionados
Documentos

Imaxes
  • 1 de 1