Accesibilidad

A.1- Pobo escola

A.1- Pobo escola
Porque... Necesítase un pobo para educar a un nen@

Desde - Hasta: 24/01/1994 - Actualmente

O Centro de Desenvolvemento Rural “O Viso”, ante o descoñecemento da realidade rural e natural, a perda  de identidade cultural, a reestruturación e os cambios nos modelos de produción que está a provocar o total esquecemento do acervo cultural nos nosos pobos e aldeas, oferta dende 1.994 unha achega de coñecemento vital da realidade rural: entorno natural e humano, modos de vida... mediante o programa do "Pobo escola" que quere contribuír ó mantemento e desenvolvemento das persoas afincadas aquí.

Vindo a Lodoselo estás posibilitando que o CDR "O Viso" trate de facer posible o que nos parece necesario: recuperar para a acción educativa o patrimonio cultural e social da comunidade rural. Os ingresos van destinados ós programas sociais que temos en marcha: comedor social, axuda e acompañamento a familias desfavorecidas, vivenda comunitaria, centro de día, etc...

Máis info no 988.46.15.71 ou no correo cixdalimia@cdroviso.org

Información de Actividades e prezos no seguinte enlace:

https://www.cdroviso.org/files/mscoviso/2023-9/27-10-37-42.admin.poboescola.pdf