O noso traballo >  

O noso traballo

B.1- Programa de Emerxencia Social

  • As necesidades ou situacións enfrontadas son dereitos
  • Dende - Ata: 01/11/2013 - Actualmente

O obxectivo xeral deste programa de atención urxente é “contribuír á provisión das necesidades básicas de alimentación, hixiene e vestiario das persoas da Comarca da Limia (principalmente dos Concellos de Sarreaus, Xinzo de Limia e Trasmiras) que se atopen en situación de risco ou exclusión social, para mellorar a súa saúde e calidade de vida, na procura da súa inserción social e laboral”.

O programa contempla o desenvolvemento dos seguintes servizos:

  • Servizo de acompañamento: este servizo contempla o acompañamento para a inserción sociolaboral da cidadanía que demande o apoio para o deseño, construción e seguimento do seu itinerario persoalizado de inserción sociolaboral, derivación cara outros servizos normalizados, etc.
  • Servizo de reparto de alimentos e produtos de hixiene, dirixido a aquelas unidades familiares en situación de risco ou exclusión social, que por diversas circunstancias -entre elas, carecer de ingresos insuficientes- teñan dificultades para cubrir as súas necesidades básicas de alimentación.
  • Servizo de hixiene e pequenas curas. Nas súas instalacións do Centro de Día “Lodoselo” o CDR O Viso leva a cabo pequenas curas ou servizo de hixiene a persoas de maneira puntual. Este servizo está dirixido  a aquelas unidades familiares que presenten unha alteración da dinámica habitual do fogar para manter uns hábitos básicos de hixiene.
  • Servizo de roupeiro e lavandería: servizo de intermediación de persoas que, de maneira altruista, desexen doar ou trocar roupa para franxas de idade concretas (roupa para bebés, etc.), derivación ao roupeiro de Cáritas Diocesana, etc. O servizo de lavandería contémplase para aquelas persoas que, non podendo afrontar o aseo e lavado da súa roupa, precisen este apoio  unha vez á semana no Centro de Día “Lodoselo”.

Máis información no teléfono 988 461 571 ou no correo electrónico areasocial@cdroviso.org.
 

Hosting por dinahosting.

banner

Materiais relacionados
Imaxes
  • 1 de 19