Accesibilidad

C.4-2 Servizo de Voluntariado Europeo

C.4-2 Servizo de Voluntariado Europeo
Cada un é o que ama

Desde - Hasta: 01/01/2000 - Actualmente

O Centro de Desenvolvemento Rural “O Viso” participa na rede do Servizo de Voluntariado Europeo (SVE). O Servizo Voluntario Europeo é unha das accións do Programa Erasmus+, cofinanciado pola Comisión Europea e que require de tres partes: unha organización de envío, unha persoa voluntaria e unha organización de acollida. O CDR “O Viso” colabora como organización de envío, coordinadora e acollida. Este programa de mobilidade internacional permite á mocidade de entre 18 e 30 anos realizar un proxecto de voluntariado de 6 a 12 meses de duración nunha ONG de calquera país da Unión Europea, nos países membros do espazo Económico Europeo (Noruega, Suíza e Liechtenstein) ou en Turquía, actual candidato á adhesión. Para máis información de cómo participar neste programa, podedes contactar con nós, no teléfono 988 46 15 71 ou envíanos un correo electrónico a cixdalimia@cdroviso.org. 

Tamén podes facelo a través da nosa páxina, na sección Colabora ou facendo click no seguinte enlace: Faite Voluntario Agora