Infórmate > Noticias 

Noticias 

Paramos polos nosos pobos, polo noso futuro
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

04/10/2019 | A Limia

Paramos para non parar. Calamos para que se nos oia mellor

Hoxe Venres, 4 de outubro de 2019, veciñas e veciños de Lodoselo, persoas integrantes do CDR "O Viso, persoas participantes dos programas da nosa entidade, acudimos á convocatoria do CDR O Viso, entidade integrante da España Baleirada a un paro silencioso de 5 minutos. co lema  "Eu paro polo meu pobo".  Trala lectura do manifesto e dunha forma clara e concisa pediuse un verdadeiro Pacto de Estado que permita a vertebración territorial e a igualdade de oportunidades. Tendo en conta o número de provincias involucradas, mais de 23 dentro desta España - Galicia esquecida, esiximos o noso dereito a formar parte deste Estado do Benestar que marca a nosa Constitución.

Na entrada do Centro de Inclusión (Lodoselo), na porta do Concello de Xinzo, en cada unha das actividades que se estaban realizando (ex. Andaina Mosteiro de Trandeiras, Torre de Pena) PARAMOS. Grazas a tod@s polo compromiso coa nosa terra, coa nosa xente.

Ser menos non resta dereitos!

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Enlaces
Noticias

 

Hosting por

banner

        

 

Boletín

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

Máis info