Infórmate > Noticias 

Noticias 

Constrúe o teu futuro
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

01/01/2019 - 31/12/2019 | A Limia

Orientación sociolaboral para a xuventude

1 de 2

“Constrúe o teu futuro” é un proxecto de continuidade a través do cal queremos fomentar a activación da xuventude limiá en risco de exclusión social a través de accións de orientación e animación sociolaboral e formativas, baseándonos nalgúns dos obxectivos da Estratexia Europa 2020 como a sosteñibilidade e a innovación.

O obxectivo xeral é promover a empregabilidade da mocidade limiá mediante o empoderamento e potenciación dos seus recursos persoais.

Os obxectivos específicos:

.  Crear un espazo de conversa e aprendizaxe sen tabús.

.  Traballar as habilidades sociais e a resolución de conflitos

·  Potenciar autonomía da mocidade para a procura da formación, busca de emprego e desenvolvmento social a distintos niveis.
·   Conectar as aprendizaxes informais co futuro laboral da mocidade.

·  Tecer sinerxias entre o sistema educativo formal e non formal, co resto de axentes socioeducativos da comarca potenciando a empregabilidade da mocidade.

As accións que se están realizando para conseguir este obxectivos son:

1. Orientación laboral individualizada
2- “ACTIVA+!” obradoiros de animación sociolaboral en grupo
3-  Actividades de activación sociolaboral nos Institutos de educación secundaria da comarca.
4-  Espazo Amigable: servizo de información e asesoramento para a mocidade

Proxecto subvencionado pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Política Social - Xefatura Territorial do Servizo de Xuventude e Voluntariado - Orde do 28 de decemebro de 2018 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas na programa Iniciativa Xove durante o ano 2019

Arquivada en:

Infórmate > Axenda de Actividades

MATERIAIS RELACIONADOS
Enlaces
Noticias

 

Hosting por

banner

        

 

Boletín

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

Máis info