Infórmate > Noticias 

Noticias 

O CDR O Viso incorpórase á Plataforma de Organizacións de Infancia en Galicia
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

05/03/2020 | Santiago de Compostela

Sumando esforzos a prol dos dereitos dos nenos, nenas e adolescentes de Galicia

1 de 2

O martes 3 de marzo estivemos (Lucía en representación do CDR "O Viso") en Santiago de Compostela participando na Asemblea da POIG  (Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia)  na que se aprobou a nosa entrada na mesma.

A POIG é unha asociación de entidades que actúa no territorio galego, sen prexuízo de realizar actuacións estatais e internacionais, a favor do bo trato á infancia e adolescencia en Galicia.

Nace para defender, protexer e promocionar os dereitos fundamentais da Infancia recollidos na Convención dos Dereitos do Neno de 1989.

O seu interese é incrementar o benestar da Infancia e denunciar e facer seguimento das situacións que vulneren os dereitos das persoas menores de idade

Desde o CDR "O Viso" damos así un paso máis no noso traballo de defender e seguir a traballar a favor da infancia dándolle voz ás nenas, nenos e mocidade do rural limiao e galego.

https://www.facebook.com/infanciagalicia/

https://infanciagalicia.org/

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias

Hosting por

banner

        

 

Boletín

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

Máis info

aceptacookies