Infórmate > Noticias 

Noticias 

25 N Libres e Vivas.
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

25/11/2019

Actividades de sensibilización e prevención contra a Violencia de Xénero.

1 de 7

Con motivo da conmemoración, este 25 de novembro, do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, reiteramos o noso absoluto rexeitamento a calquera forma de violencia psicolóxica, física ou sexual, exercida contra a muller.

Expresamos tamén a nosa absoluta solidariedade e o apoio coas familias e seres queridos das mulleres e menores asasinadas a consecuencia da violencia de xénero, así como cos nenos, nenas e adolescentes que quedaron orfos e orfas a razón destes crimes.

Pola nosa parte seguimos apostando por previr, sensibilizar e concienciar contra a violencia de Xénero: a nosa educadora social, Andrea, estivo hoxe no IES Lagoa de Antela e no IES Cidade de Antioquia levando a cabo dinámicas de igualdade e coeducación co principal obxectivo de sensibilizar a mozas e mozos da Comarca da Limia sobre a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e ao mesmo tempo eliminar estereotipos.

E dende o proxecto Anikibóbó (Lucía-psicopedagoga, Saray-psicóloga, Eva e Patricia – deseñadoras) leváronse a cabo diferentes campañas de sensibilización e prevención:

O domingo 24 pasamos a mañá na Praza do Toural en Vilar de Barrio; veciñas e veciños achegáronse para, a ritmo de Caxade, elaborar un mural reivindicativo e cheo de significado.

Esta mañá e colaborando coa ANPA Carlos Casares, pasamos polas diferentes aulas de infantil do CEIP Carlos Casares. Porque ningún home nace machista. Porque fai falta educar en igualdade. Hoxe, mañá e sempre. Por este motivo aproveitamos a xornada de hoxe para, mediante contos e xogos, ir interiorizando ese NON a violencia.

E aínda temos pendente facer un acto en Trasmiras! Pero o día de hoxe non deu para máis. Ademais non fai falla que sexa 25 de Novembro para manifestarnos contra esta lacra que mata mulleres.

Hoxe, mañá e sempre… NON A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Vídeos
Enlaces
Noticias

 

Hosting por

banner

        

 

Boletín

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

Máis info