Infórmate > Noticias 

Noticias 

Actividades formativas e de apoio ás persoas coidadoras
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

30/10/2019 | A Limia

Convenio coa Obra Social "La Caixa"

1 de 7

Setembro e Outubro foron os meses que eliximos para continuar despois do verán cun ciclo de charlas informativas sobre saúde (ictus, depresión, alzheimer, cancro...) co obxectivo de chegar á poboación máis illada e envellecida informando sobre as causas e mecanismos de prevención, ao tempo que se presentaron os modelos de atención e rehabilitación, así como os recursos máis próximos para cada unha das temáticas.

Despois da charla sobre ictus e dano cerebral adquirido, o pasado 25 de setembro, da man da educadora social da Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE), tivo lugar o 16 de outubro unha charla sobre Alzheimer, da man de AFAOR: Con contidos moi variados: que é a ‘Enfermidade de Alzheimer’, concretar como afecta, os primeiros síntomas, diagnóstico, necesidades e coidados ou tratamento.

O 23 de outubro da man da Saray psicóloga do CDR O Viso  e con motivo do Día Mundial da Saúde Mental (10 de outubro), outra das charlas foi sobre como afrontar a depresión; co obxectivo de deixar atrás os estigmas que xiran arredor desta enfermidade; falamos das bases neurofisiolóxicas do cerebro, síntomas, tratamento... Sen esquecernos da prevención e intervención ante a posibilidade de un suicidio.

Por último, o mércores día 30 de outubro abordamos a enfermidade do cancro, da man da traballadora social da Asociación Española Contra o Cancro de Ourense e que tamén está na delegación de Xinzo de Limia, co fin de concienciar sobre esta enfermidade, eliminar mitos e crenzas erróneas, acercar coñecementos básicos e promover un estilo de vida saudable.

Todas estas charlas como as que se tiveron durante todo o ano estaban enmarcadas dentro das actividades formativas e de apoio ás persoas coidadoras, familiares e/ou rede de apoio a cargo de persoas maiores e/ou dependentes e persoas en risco de exclusión social.

Con estas actividades damos fin ó convenio asinado en outubro de 2018 coa Obra Social "La Caixa" que subvencionou o proxecto Integral de Intervención na Comarca da Limia: Servizos de proximidade, durante 12 meses na convocatoria de Acción Social no ámbito Rural do ano 2018.
As actividades continúan e os servizos tamén, esperamos contar con máis axudas como esta que fan posible a continuidade dos servizos, a ampliación dos mesmos e o inicio de novas actividades para as persoas que máis o necesitan da nosa Comarca.

GRAZAS a tod@s @s participantes e á Obra Social "La Caixa" por contribuír a facelo posible. 

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias

 

Hosting por

banner

        

 

Boletín

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

Máis info