Infórmate > Noticias 

Noticias 

Primeira semana do curso de educador@s no T. Libre
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

27/08/2017 | Lodoselo

Intensa, calurosa... facendo grupo

1 de 1

Un grupo de 24 persoas (ó final unha das baixas quedou sen cubrir) están a realizar este curso no albergue do pobo escola (antiga casa rectoral de Lodoselo). En sesións de mañá e tarde, o curso é intenso (e esta semana tivemos días de moitísimo calor), temos ido traballando temáticas referidas ó traballo en grupos, metodoloxía educativa, psicoloxía, educación para a saúde, o xogo, a educación musical... 

Todo un luxo contar cun grupo de persoas novas interesadas por esta profesión e tamén todo un honor para o CDR O Viso, por escoller a nosa escola de Tempo Libre para obter a titulación homologada pola Xunta de Galicia; pero tamén é un honor, que ademais dos membros que o conformamos e participamos, dunha ou doutra maneira neste curso, contamos coa axuda de formadores de recoñecido prestixio. Moitas grazas a todas e todos. Especialmente ós que se teñen que desprazar. Grazas un ano máis a Antón Castro (membros de Fuxan os Ventos) que o mércores pasou a xornada con nós; a Paco Veiga e a todo o equipo da Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional (Xan, Zeltia, Davide, Antón e Xuliio) que nos agasallaron cun xoves moi lúdico; a Miguel Cons que o venres nos puxo ó día en todo o referente á educación para a saúde (primeiros auxilios, hixiene...). E a tod@s os da casa, ó grupo... Imos, coa segunda semana!  

Velaquí algunhas imaxes  desta primeira semana:

 http://www.kizoa.es/Editar-Videos-Movie-Maker/d135583576kP456690506o2l1/curso-ed-tl-20171

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Vídeos
Noticias
Hosting por dinahosting.

banner

Boletín

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

Máis info