Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 07/04/2017 |

Recibimos a Carla, nova voluntaria procedente do SVE

Benvida Carla!

07/04/2017

Boas noticias para o CDR, xa que temos unha nova incorporación nas nosas filas: Carla vén desde Lisboa como parte do Servizo de Voluntariado Europeo.

Carla estudou Psicoloxía na Universidade de Lisboa, especializándose en clínica da saúde e a enfermidade e tendo feito un posgrado en comportamento cognitivo. Fóra da súa experiencia como tal en diferentes periodos de prácticas, destaca a súa contribución desde hai moitos anos no terreo do voluntariado, tendo traballado con nais xoves, rapazada como animadora social ou na popular asociación para vítimas APAV.

Preguntada polo seu interese do proxecto, Carla expresounos a súa predilección polo noso proxecto pola variedade de ámbitos e persoas coas que tratamos. O feito de realizar actividades para diferentes idades, sendo unha organización dada ao traballo en equipo, a versatilidade e a distintos eidos tamén relacionados coa súa formación animouna a estar connosco nesta etapa de transición unha vez rematados os seus estudos.

Ademais, trala súa estancia en Barcelona como Erasmus hai uns meses, destaca o seu interese por un proxecto de voluntariado no extranxeiro de maior dimensión (pasará con nós entre 8 e 9 meses), por como tratar con novos entornos e culturas serve para “ampliar horizontes”. Non dubidamos de que coas súas capacidades, interese e habilidade comunicacional, Carla ha de intercambiar con nós moitas cousas boas nesta etapa que comeza no CDR O Viso.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias