Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 14/03/2017 | master lodoselo

Movemento en Lodoselo coa chegada da tempada de grupos do Pobo Escola

Diferentes grupos de Educación Social acuden ás instalacións do CDR O Viso

14/03/2017 | Lodoselo

Recende a primavera na Limia, e o Pobo Escola (como se de cerdeiras se tratase) é todo un indicador para nós de que esta época xa está connosco. A pasada semana estiveron con nós dous novos grupos de estudantes, neste caso, de dous mestrados da Universidade da Coruña: Dirección, xestión e innovación de institucións escolares e socioeducativas e Políticas sociais e intervención sociocomunitaria. Ámbolos grupos súmanse ao da outra semana, chegado do Campus de Ourense da Universidade de Vigo, estudantes de Educación Social.

Como vén sendo habitual, realizaron diversas actividades como a característica fornada de pan, ademais de visitar diferentes puntos das nosas instalacións a fin de achegarlles o proxecto. Este tipo de actuacións serve para que o alumnado de diferentes áreas educativas do social atope practicidade nos seus contidos formativos. Para o CDR O Viso, é unha alegría poder contribuir á formación de xente que posteriormente ha de defender os valores do social que a día de hoxe defenden entidades como a nosa, así como facer visible o rural e consolidalo como clave nos proxectos sociais de futuro.

Ademais, para nós é un pracer ter de volta a persoas como Boli e Cid en Lodoselo, trala súa estancia nos comezos do CDR anos atrás. Agardamos que volvan moitas veces e moitos anos.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
O noso traballo > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > A. Área Educativa-Ambiental e promoción das contornas rurais > A.1- Pobo escola