Infórmate > Noticias 

Noticias 

Comeza REINVÉNTATE 2017
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

19/01/2017 | Xinzo de Limia

Na Casa da Cultura de Xinzo de Limia

1 de 1

O martes 17 deu inicio a edición do REINVÉNTATE 2017 “Animación sociolaboral en grupo”, un dos servizos que contempla o Ruralempréga-T (Programa de orientación e mediación laboral do C.D.R. O Viso) que xa celebra a súa cuarta edición.

Baixo o paraugas de risco de exclusión atópanse persoas mozas con escasa experiencia laboral, persoas maiores de 45 anos ás que o mercado laboral comeza a rexeitar, persoas que descoñecen as potencialidades das novas tecnoloxías para formarse e buscar emprego, etc.

Unha das finalidades que se perseguen é empoderalas e aprender unhas das outras nun grupo onde se dá e se recibe. Como foi unha sesión informativa e de presentación invitouse a participar no devir do grupo: que formación lle gustaría recibir, cada canto tempo xuntarnos, en que días do mes lles ía mellor. Puxemos en valor a importancia da participación e queremos que sexa o faro que nos guíe.

O vindeiro obradoiro terá lugar o martes 7 e o mércores 8 de febreiro nas instalacións da Casa da Cultura de Xinzo de Limia, previsiblemente, sobre autocoñecemento como primeiro paso para o deseño do itinerario sociolaboral de cada un e cada unha delas. 

Arquivada en:

Infórmate > Noticias
O noso traballo > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > B. Servizos de Proximidade > B.2- Ruralempréga-T

MATERIAIS RELACIONADOS
Enlaces
Noticias
Hosting por dinahosting.

banner

Boletín

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

Máis info