Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 05/12/2016 | voluntariado 2016

Día internacional do voluntariado 2016

05/12/2016

Hoxe, 5 de decembro, celébrase o Día internacional do voluntariado.

Para nós é un día especial, xa que moita xente nos apoia para os diferentes programas de forma altruista, e queriámoslle agradecer xa desde aquí todos os bos momentos que pasamos.

Aproveitando esta semana de pontes, tratamos de facer chegar ao público o traballo que se fai con eles elaborando unha serie de vídeos para facer algo máis visible a súa presenza. Alí poderemos ver diferentes programas nos que participaron e tamén un par de testemuños moi interesantes de dúas voluntarias como son Mouna e Patricia.

No CDR temos o compromiso de que o voluntariado non sexa unha ferramenta para cubrir carencias de postos de traballo, senón unha oportunidade para que as persoas fagan algo polos demais e por si mesmas. A xente que ten feito voluntariado sabe que, máis alá da satisfacción de axudar ao resto, hai unha parte de crecemento e satisfacción persoal moi bonita. Por iso tamén, nesta época de desemprego e problemas sociais, vémolo como unha ferramenta para cousas como integrar persoas en situacións de exclusión, xerar conciencia social ou, sen máis, facer ver situacións que semellan estar algo ‘agochadas’ pola nosa sociedade.

Como di Patricia nun dos vídeos que subiremos esta semana, “sempre se aprende algo”.

Convidar pois á colaboración co CDR O Viso como voluntario ou voluntaria. Hai moitos programas onde escoller e de seguro que remataredes cunha sensación moito mellor que a do sofá. Pasade polo número 1 da Praza Maior de Xinzo e preguntade. A próxima semana comezamos coa campaña de recollida de alimentos do Nadal!

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
O noso traballo > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > C. Área de Información e Participación Social > C.4-1 Programas de Acción Voluntaria