Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 18/09/2018 | Rubén

Novas contratacións de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil

No CIX e no programa de Educación Infantil Familiar da Limia.

18/09/2018

Dende hoxe, 18 de setembro, contamos cos dúas novas persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil - Programas de cooperación 
Esta convocatoria de subvencións pretende acadar a integración das persoas mozas, inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, no mercado laboral e a través do Programa de cooperación coas entidades sen ánimo de lucro, dirixido a mellorar a empregabilidade e a inserción profesional das persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil.
Este programa enmárcase dentro do Programa operativo de emprego xuvenil, cofinanciado pola Iniciativa de emprego xuvenil e o Fondo Social Europeo para o período 2014-2020, nunha porcentaxe do 91,89 %. Dentro do Programa operativo de emprego xuvenil (POEX), eixe prioritario 5, relativo á integración sustentable no mercado de traballo das persoas mozas que non se atopan empregadas nin participan en actividades de educación nin formación, en particular no contexto da garantía xuvenil. Este eixe 5 está composto de obxectivos específicos dos cales están afectados por este programa os seguintes:
– Prioridade de investimento 8.2. Integración sustentable no mercado de traballo das persoas mozas que non se atopan empregadas ni participan en actividades de educación nin formación, así como as persoas mozas que corren o risco de sufrir exclusión social e as procedentes de comunidades marxinadas, en particular no contexto de garantía xuvenil.
– Obxectivo específico 8.2.4. Co que se pretende aumentar a contratación das persoas mozas non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación, así como das que corren o risco de sufrir exclusión social, desde unha análise das diferentes necesidades da situación das mulleres e homes e a coordinación cos orientadores laborais contratados no marco de Programa operativo de emprego xuvenil.
– Medida 8.2.4.2. Axudas ao emprego para a contratación de persoas mozas durante un período superior a seis meses.
Durante sete meses, contaremos no CIX coa axuda de Andrea, e con Rubén no programa de Atención socioeducativa de nenas/os e familias da Comarca da Limia. Agardando que poidan sernos de utilidade para seguir prestando uns servizos cada vez máis eficientes a nosa comunidade e axudando á mellora da empregabilidade e á inserción profesional da mocidade da Limia.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias