Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 27/03/2024 | Galicia Acolledora 1

A comunidade ao servizo da comunidade!

28/03/2024 | A Limia

Lady Antonte, ex-profesora en Venezuela e agora residente na Limia, está axudando a Tetiana e Yakiv a adestrar o seu manexo do castelán e do galego.
Tetiana e Yakiv, que chegaron hai un ano a Galicia fuxindo da guerra, continúan a recibir o apoio necesario para integrarse na nosa terra.
O CDR sente orgullo por apoiar iniciativas de axuda mutua entre os veciños como esta.
O programa Galicia Acolledora, financiado ao abeiro da Orde do 30 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de suvbencións destinadas á realización de programas de interés xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades, xestionado pola CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E XUVENTUDE

Arquivada en:
Infórmate > Noticias