Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 28/02/2024 | teleasistencia avanzada 4

Continuamos coas nosas pequenas accións de teleasistencia avanzada

Dixitalizando e mellorando o medio rural

28/02/2024 | A Limia

O Plan de Teleasistencia Avanzada é unha das liñas de actuación do Plan de Transformación Dixital procedente dos Fondos Europeos Next Generation, aprobados polo Consello Europeo no ano 2020 co obxectivo de garantir unha resposta europea coordinada cos Estados Membros para facer fronte ás consecuencias económicas e sociais da pandemia.
O Plan de Transformación Dixital persegue a finalidade de evitar o despoboamento do medio rural mediante o uso de elementos tecnolóxicos que permitan fomentar a autonomía e independencia de persoas en risco de institucionalización. Isto ten relación co obxectivo pretendido polo noso Proxecto de Biocoidados: novos modelos de coidado prestados pola comunidade, centrados na persoa, en contornos rurais.
Dende o CDR O Viso continuamos coas accións puntuais de teleasistencia avanzada e nesta ocasión instalamos cámaras no domicilio dunha veciña de Cualedro posibilitando así que estea conectada e supervisada pola súa familia, que reside noutro municipio. O desfrute desta primeira fase do proxecto piloto aporta unha maior seguridade e tranquilidade tanto para a persoa usuaria como para a súa familia.
«O Programa de Transformación Dixital para o Desenvolvemento Integral no Medio Rural está promovido por COCEDER, vinculado ao Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia da Secretaría de Estado de Dereitos Sociais do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 e financiado pola Unión Europea con fondos NextGenerationEU.»

Arquivada en:
Infórmate > Noticias