Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 01/12/2023 | Trasmiras. Cultura dixital 1

A xente maior mergúllase na cultura dixital

Practicando, con acompañamento, as posibilidades dos teléfonos intelixentes

01/12/2023 | Trasmiras

O Centro de Desenvolvemento Rural O Viso e o Concello de Trasmiras están desenvolvendo unha acción educativa coa xente maior para mellorar a actitude ante as novas tecnoloxías da comunicación e especialmente, adestrar a capacidade de “aprender a aprender” xa que a realidade dixital está en permanente cambio e evolución.
No último mes xa pasaron 14 persoas polos obradoiros que imparte o equipo educativo do CDR O Viso e en decembro serán outras tantas as que practiquen, con acompañamento, as posibilidades dos teléfonos intelixentes.
Ademais de manexarse mellor cos teléfonos, mestúranse outras actividades de posta en valor do patrimonio etnográfico a partir da edición de recursos audiovisuais ou a exploración de recursos de interese para a poboación local.
Esta actividade enmárcase no proxecto Aldeas Activas e Saudables que o CDR vén desenvolvendo co financiamento da Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia na subvención destinada á realización de programas de intereses social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 do IRPF.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias