Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 15/10/2023 | Día de la mujer rural 2023

Celebramos o Día da Muller Rural

As mulleres rurais sementamos hoxe para un mañá máis libre

15/10/2023 | A Limia

 Desde o CDR O VISO celebramos o día da MULLER RURAL que se conmemora cada 15 de outubro porque consideramos que é  imprescindible reivindicar a importancia do papel das mulleres na nosa comunidade.
Mulleres rurais son as nosas avoas labregas -sacho en man-, as mulleres do mandil, as bravas que levantaron un País emigrado, as que loitaron por acadar a cotitularidade nas explotacións agrogandeiras, e as que conquistaron os dereitos que nos corresponden como persoas; e si, elas son as que nos fixeron chegar ata aquí coa súa loita, a súa valentía e os seus coidados. Elas foron e son referencia.
Mulleres rurais somos tamén as que non marchamos, as que volvemos, as que emprendemos e xeramos riqueza, as que sostemos familia e aldeas, as que seguimos na loita pola dignidade comunitaria, memoria e conservación do patrimonio material e inmaterial.
Muller rural es ti que o sintes con orgullo ancestral.
Somos mulleres rurais e reivindicamos uns servizos sociosanitarios dignos e que respondan ás necesidades do noso territorio.
Queremos unha conciliación real que garanta o benestar emocional familiar que non nos impida o acceso ó traballo.
Somos mulleres rurais contra o machismo e defendemos un modelo social humano e humanizado no que coidarnos -mulleres e homes- para poder coidar as persoas, a terra, a comunidade, criando ás nenas e nenos na igualdade e respecto á diferenza.
Somos mulleres rurais camiñando cara unha sociedade máis xusta na que  todas as persoas, independentemente do sexo, ideoloxía, orixe...teñan as mesmas oportunidades.
As mulleres rurais sementamos hoxe para un mañá máis libre.
Aquí unha mostra desta iniciativa para celebrar o noso día: unha foto co noso móbil da outra man facendo algo do noso día a día e compartila no noso grupo de Whatsapp.
Aquí una muestra de este pequeño trabajo para celebrar nuestro día: una foto con nuestro móvil de la otra mano haciendo algo de nuestro día a día y compartirla en nuestro grupo de Whatsapp.
https://www.kizoa.com/Movie-Maker/d402078166k8468976o2l1/Día da muller rural 2023

Arquivada en:
Infórmate > Noticias