Noticias
Participación do CDR O Viso nun encontro europeo
Este vindeiro venres
13/09/2017 | Vilar de Santos
Estaremos nunha mesa redonda xunto á Asociación Rebulir de Ramirás, a Arca da Noe, o alcalde de Vilar de Santos e Daniel Rodicio Fernández con motivo da visita de 30 mozos e mozas procedentes de lugares de Europa como Grecia, Turquía, Italia e Francia.
O congreso "Not only cows: politicians and youth talkings improve the youth entreprenurship in rural area", promovido pola asociación Bolboretas Vermellas do municipio limiao, congregará a mozos e mozas, políticos, axentes de desenvolvemento rural e produtores locais, co obxectivo de procurar diferentes mecanismos que promocionen o emprego no medio rural.
O Proxecto “NOT ONLY COWS” é unha iniciativa que promove o diálogo entre xente xoven, políticos, axentes de desenvolvemento rural e produtores locais para que, xuntos, busquen mecanismos para promocionar o empredemento xuvenil en pobos do medio rural, a través da implementación das propostas de moz@s de toda Europa.
Arquivada en:
Infórmate > Noticias