Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 24/10/2023 |

Somos o que comemos. Somos o que agradecemos

Manola, Puri, Mamen e Sara. Carmen. E Felisa, Juan, Lucita, Joaquina, Rosa, Dolores, Vicente, Miguel, Lula, Elisa, Teresa, Verónica, Gabriel, Pablo, Maruja, Simona, Joana, Eloi, Julia, Ana...

24/10/2023

O 24 de outubro celébrase o Día Internacional contra o Cambio Climático, para alertar á comunidade mundial acerca dos efectos nocivos e devastadores do cambio climático no planeta. Este é un dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostibles máis importante, o número 13: Acción polo Clima.
Nós desde o CDR aproveitamos tamén este día para sinalar outro que se celebrou o día 20: Dia Internacional das cociñeiras/os. Destácase o importante compromiso que teñen coa sociedade e o progreso en materias tan relevantes como a cultura ou a nutrición; tamén  porque co seu traballo achegan felicidade ós demais.
Porque sabemos que o alimento é a fonte principal de saúde e benestar; que integrar a cidade e o campo a través do alimento debería ser parte do plan urbanístico. E que talvez deberiamos retirar ós alimentos a categoría de bens de consumo e devolverlles a súa dignidade. Porque ser humano é, dalgunha maneira, recuperar a conexión coa terra. Recoller as sementes, volver sementalas convértenos en parte do ciclo da vida. E o alimento forma parte do tecido da vida: somos parte como cocreadores, coproductores ou como consumidores.
Somos o que comemos. “Que a túa medicina sexa o teu alimento, e o alimento a túa medicina”. Cita de Hipócrates (o pai da medicina) de ao redor do 460 a. C.
Un bo día para felicitar ó equipo de cociña do CDR O Viso. Ó servizo do comedor social-comunitario, no centro ou a domicilio (xanta na casa) que empezou en 1999.  Neste momento Manola, Puri, Mamen e Sara co apoio de todas as persoas que compartimos as instalacións, especialmente de Carmen. Pero a cociña do CDR tamén foi Felisa, Juan, Lucita, Joaquina, Rosa, Dolores, Vicente, Miguel, Lula, Elisa, Teresa, Verónica, Gabriel, Pablo, Maruja, Simona, Joana, Eloi, Julia, Ana… Moitísimas grazas. Porque somos o que agradecemos. O agradecemento é a medida da nosa humanidade, lémbranos o “Trasno de Irimia” neste último número. Cada día, cada comida no centro, cada bandexa que se distribúe pola comarca segue sendo o testemuño deste compromiso. O de coidarnos. Porque tamén somos os coidados recibidos.
https://cadenaser.com/galicia/2023/10/25/tono-rodriguez-deberiamos-retirar-os-alimentos-a-categoria-de-bens-de-consumo-e-devolverlles-a-sua-dignidade-radio-ourense/

Arquivada en:
Infórmate > Noticias