Noticias
© CDR O Viso | 16/12/2017 | 1
Celebramos unha xornada convivencia intercultural
Charlas, música, gastronomía, obradoiro.
15/12/2017 | Xinzo de Limia
Este venres 15 de decembro a partir das 18:00hs. estivemos a participar máis dun centenar de persoas nunha xornada intercultural organizada polo CDR O Viso, dentro do programa INTEGRA-T e do grupo de mulleres inmigrantes que realizaron o curso de español, das que partiu esta iniciativa. O acto tivo lugar, ó igual que o curso, no CEIP Rosalía de Castro.
A xente que previamente se apuntou encheu a biblioteca do centro para participar, en primeiro lugar, dunha charla, presentada por Edi, o traballador social do CDR O Viso e impartida por dúas ex alumnas marroquís deste colexio sobre o Islam e a súa cultura. A continuación poidemos degustar platos típicos de Marruecos, Francia, Portugal, República Dominicana, Estados Unidos e Rumanía; isto é, os países de procedencia do alumnado que participou no curso.
Ademais estivemos escoitando música típica destes lugares e realizouse un obradoiro de tatuaxes temporais de Henna natural. Agradecer a todas as persoas a súa participación; dunha maneira especial a aquelas que organizaron os actos e ás que elaboraron uns exquisitos pratos, tanto salgados coma doces; sen esquecer á Dirección do Ceip Rosalía de Castro que nos facilita a utilización destes espazos para as actividades.
Arquivada en:
Infórmate > Noticias