Accesibilidad

Noticias 

© CAS | 22/06/2022 | CAS

Representantes dos Colectivos de Acción Solidaria visitarannos o 23 e 24 de xuño

Organizado polo grupo de maiores: Quédome, na miña casa e no meu entorno

22/06/2022 | Lodoselo

Na mañá do xoves 23 de xuño recibiremos a visita dun pequeno grupo de representantes de  CAS, Colectivos de Acción Solidaria. En plena pandemia tivemos un encontro en liña para contarlles a nosa experiencia de traballo coas persoas maiores e a prevención da dependencia posibilitando a permanencia na súa casa, a súa contorna a través da sensibilización social con modelos de atención máis personalizados; agora véñena coñecer in situ. Son de Salamanca - Asam, Cantabria- a  Columbeta, Ávila- escolas campesiñas de Ávila, Palencia - escolas campesiñas de Palencia, Segovia –  Codinse e Lugo - CDR Ancares.
Os Colectivos de Acción Solidaria,  CAS, son unha ONG que está constituída por diferentes asociacións implantadas principalmente no medio rural de diversas Comunidades Autónomas do Estado español; desde a proximidade centran a súa acción social cos sectores máis desfavorecidos; todas elas comparten con  CAS unha misión, visión, valores e uns obxectivos comúns. E somos compañeiros de viaxe de Plataforma Rural: Alianzas por un Mundo Rural Vivo e da Universidade Rural Paulo Freire.
No ano 2007 en  CAS créase o Grupo de Traballo de Maiores (que son os que coordinan esta saída) e desde entón este grupo veu traballando na definición do modelo de CAS para a atención ás persoas maiores, no que as persoas maiores permanecen na súa propio medio, na súa propia casa, cos seus propios veciños e veciñas quen conformou a súa propia historia. E é sobre este modelo sobre o que este grupo centra a súa principal actividade, traballando, compartindo, defendendo e apostando porque sexa unha realidade.
As persoas que viaxarán ata  Lodoselo proceden de experiencias ben interesantes; organizacións conectadas cos territorios, oasis de vida e esperanza do medio rural; exemplos de construción de novas  ruralidades.
ASAM é unha asociación sen ánimo de lucro creada en 1986 que ten por misión o desenvolvemento rural da comarca da Serra de Francia, Sierra de Béjar e  Entresierras, no sur de Salamanca. Nesta comarca intégranse 88 municipios que constitúen a Reserva da  Biofera das Serras de Béjar e Francia.
A  COLUMBETA é unha asociación sen ánimo de lucro que nace no ano 2008, con personalidade xurídica propia para a xestión de programas e proxectos de carácter social favorecendo o desenvolvemento rural de Cantabria e a coordinación con distintos axentes socioculturais e económicos que optimicen os recursos e fomenten o desenvolvemento.
As Escolas Campesiñas de Ávila son unha asociación sen ánimo de lucro fundada en 1980; durante todos estes anos desenvolveu e desenvolve, diferentes proxectos formativos que xurdían a demanda da poboación ou a partir de necesidades detectadas pola entidade, así como polas diferentes institucións e plataformas nas que a asociación se atopa integrada como colectivo.
As Escolas Campesiñas de Palencia: Opción por un mundo marxinal e marxinado, dicía Esteban Vega xa en 1991 e que as accións han de responder á satisfacción de necesidades  relacionales, a potenciar o encontro e debate, a fomentar novas iniciativas, a concienciar á poboación de que nós somos o mellor que temos.

CODINSE, a coordinadora para o desenvolvemento integral do Nordeste de Segovia, nace no ano 1992 grazas ao esforzo de moitas persoas convencidas de que é posible vivir naquela comarca (territorio que abarca un total de 119 localidades) coa maior dignidade posible. Actuacións conxuntas, Revista “Ejido”, Festas Comarcais, a Federación de Asociacións “Tierra Nuestra”, foron sementando o sentimento de comarca que dura ata hoxe e madura día a día. Continúan esta viaxe de esforzo e ilusión construíndo a diario un mundo rural vivo.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias