Accesibilidad

Noticias 

© Arredor do Rural | 08/06/2022 | Cartel III Encontro

III Encontro de Axentes Socioeducativos

Comunidade de Accións e Saberes Arredor do Rural

08/06/2022 | Santiago de Compostela

Participaremos o vindeiro mércores día 15 de xuño no Centro de estudos avanzados no paque Vista Alegre, en Santiago. Agardamos que sexa un evento que combine a visibilización e valoración das experiencias que se fixeron este curso con ter momentos para dialogar, intercambiar o que nos interesa, aprender, compartir.
Despois da inauguración haberá exposicións de experiencias de aprendizaxe servizo e unha mostra de accións e saberes de colectivos de arredor do rural, entre as que estará a do CDR O Viso; tamén se presentarán as actividades programadas para o vindeiro curso. A xornada inclúe no programa a degustación de produtos con selo de calidade, un xantar popular e a asemblea.

Arredor do rural é outro empeño no que andamos; un espazo, no que estamos diferentes persoas e colectivos, que sirve de encontro entre persoas que traballan na educación e as que tentan construír alternativas a modos de vida e xestión dos recursos. Para enraizar no rural e poñer a vida no centro. De Galicia e o Norte de Portugal.
Con accións e saberes. Entendendo que saber e facer van xuntas, para dar pé a accións creativas, e a partir delas transformar o que pensamos e aprendemos. Utilizamos estratexias coma a aprendizaxe-servizo, que integran a participación social coa aprendizaxe formal.
Volvendo a mirada cara a vida das comunidades e do territorio. Exemplos onde buscar novos camiños no marco dunha crise ecosocial. Tentando desfacer a dualidade rural/urbano e aproveitando o que hai de "rururbano".

Arquivada en:
Infórmate > Noticias