Accesibilidad

Noticias 

Reunións mensuais coa Asociación socio-educativa Antonio Gandoy

Antonio Gandoy foi o fundador de Preescolar na Casa

08/02/2022 | Lugo

A responsable do programa de Educación Infantil Familiar (Anabel) promovido polo Centro de Desenvolvemento Rural “O Viso” por toda a Limia, desprázase a Lugo unha vez ó mes para participar na formación permanente con outras profesionais da Asociación Socio-Educativa Antonio Gandoy ; o nome fai referencia a Antonio Gandoy,  un crego nacido en Lugo e coñecido polo alcume  de “ o cura da bicicleta” e impulsor do programa educativo Preescolar na Casa co que pretendía  apoiar ás familias do rural para que fomentaran as capacidades dos seus fillos a través da educación.
Nestas reunións mensuais Anabel reúnese con outras compañeiras encargadas de levar a cabo a continuación do programa de Preescolar na Casa por outras provincias da comunidade galega; entre as que se atopan Olaia e Iria (provincia da Coruña), Gloria (zonas rurais da provincia de Lugo) e Doris (cidade de Lugo), nas que se intercambian materiais (feitos con material de refugallo), documentos para as familias, propostas de actividades… todo isto para ser empregado nas sesións levadas a cabo coas familias e cos cativos en cada provincia.
O programa de Educación Infantil Familiar na Limia está subvencionado pola Orde do 9 de setembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas xestionado pola Consellería de Política Social, na liña 1 de actuación en materia de prevención protección e fomento dos dereitos da infancia.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias