31/08/2021 | Lodoselo
No día internacional da solidariedade: grazas
1 de 5
© CDR O Viso
Chegou o 31 de agosto - o Día Internacional da Solidariedade en honra ó movemento social polaco Solidariedade - e con el o remate do noso programa Concilia de Verán 2021. Foron 2 meses de emocións, aventuras, novas aprendizaxes, reencontros... pero hoxe tocou desperdirse. En primeiro lugar, queremos dar as grazas a todas e cada unha das familias que confiaron en nós un ano máis. Non podemos esquecernos de Pili e Eloi que cada martes nos acollían na nosa horta comunitaria e que grazas a eles aprendemos cousiñas sobre a agricultura ecolóxica (fixemos a malla de garabullos e garavanzos; preparamos o ungüento con hipérico - eficaz para as queimaduras e picaduras -; lembramos a tradición que nos di como a lúa vai marcando a recollida das sementes...).
Agradecer tamén a Darío, Rosa e Paco de Lodoselo por contarnos todas as tarefas que realizan cada día no Ribeiriño, a súa granxa de vacas leiteiras. Tampouco podemos esquecernos da axuda que tivemos durante estes dous meses por parte de Alexia, Estela, Loli, Yibela e Aya, xa que foron un apoio fundamental ao longo deste tempo.
E por último, e non menos importante, temos que facer unha mención especial aos nosos maiores tanto da vivenda comunitaria "A túa outra casa" como os que acoden ao Centro de Inclusión, xa que sen dúbida foron claros protagonistas durante o Concilia. As crianzas do Concilia Verán dende o primeiro momento crearon fortes vínculos coas nosas persoas maiores; proba disto é o Manuel preguntando polo seu amigo Miguel; o Inocencio abraiado ante o cariño que recibía tódalas mañás; a Asunción preguntando pola súa nena (Ariadna)... e unha morea de momentos que van quedar gravados na memoria tanto duns como dos outros.
Faciamos referencia ó movemento social polaco Solidariedade neste 31 de agosto. Este movemento foi un dos tantos responsables da caída do muro de Berlín e seguimos animados a derrubar tantos muros... É máis, un dos seus dirixentes, Lech Walesa, foi consagrado co Premio Nobel da Paz grazas a que promoveu os ideais da solidariedade non só no seu país de orixe senón por todo o planeta.
O propósito deste día, 31 de agosto, baséase nun principio básico que é o da axuda mutua ou o ser solidarios coas outras persoas. Segundo o mesmo Walesa, só na medida en que todas nos axudemos e traballemos por unha causa común que proporcione o maior benestar a todas, nesa mesma medida viviremos nun mundo moito máis pacífico, enriquecedor e próspero para cada nación, pobo ou individuo.
Realmente celebrar este día é bastante sinxelo, só basta con interesarse un pouco nas persoas da contorna e contribuír con algunha actividade que brinde unha solución ás súas necesidades. Sen perder de vista o esencial: que toda actividade debe reflectir un espírito solidario propiciado polo desexo do ben común. Ese foi o espírito que nos alentou cada día na realización deste Concilia.
MOITÍSIMAS GRAZAS A TODAS E TODOS POR FACER ISTO POSIBLE!
VOLTAREMOS O ANO QUE VEN.
Arquivada en:
Infórmate > Noticias
MATERIAIS RELACIONADOS
Enlaces
Noticias
- Non queremos ser un territorio de sacrificio
- 31/03/2023 | Lodoselo
- O CDR na 6ª edición de Más Social
- 31/03/2023 | A Coruña
- Obradoiros en saúde e coidados
- 30/03/2023 | A Limia
- Participaremos no encontro cidadán
- 29/03/2023 | Rodeiro
- O CDR nas aulas do CIFP Portovello
- 29/03/2023 | Ourense
- No 4º aniversario da 1ª manifestación da Revolta da España baleirada
- 29/03/2023 | Lodoselo
- De Parola: Radio Lodoselo. Centro de Inclusión
- 24/03/2023 | Lodoselo
- Talento, futuro, traballo
- 22/03/2023 | Ourense
- Participamos no curso de COCEDER de xestión de entidades de desenvolvemento sostible
- 20/03/2023 | Piles (Gandía-Valencia)
- Seguimento do Proxecto FAIN
- 20/03/2023 | A Limia
- Mocidade: Emprego e futuro no rural
- 20/03/2023 | A Limia
- Venres de música no Centro de Inclusión
- 12/03/2023 | Lodoselo
- FEGADACE (proxecto Rumbo) e o CDR O Viso (proxecto Biocoidados)
- 07/03/2023 | Xinzo de Limia
- Facendo comunidade
- 06/03/2023 | Rebordechá
- Actividades en familia
- 06/03/2023 | Lodoselo
- A escola é o mellor do pobo
- 03/03/2023 | Campo do Gerês
- A importancia das habilidades sociais no eido laboral
- 01/03/2023 | A Limia
- Gobernanza inclusiva e participativa
- 26/02/2023 | Santiago
- Biocoidados: facendo urxente o esencial
- 19/02/2023 | A Limia
- Fomentando encontros, espazos e sentirnos comunidade
- 16/02/2023 | Laroá
- A aprendizaxe-servizo como metodoloxía no Grao en Publicidade da UVigo
- 15/02/2023
- Novo curso de alfabetización dixital
- 09/02/2023 | A Limia
- Recuperación de aprendizaxes e saberes
- 09/02/2023 | A Limia
- Degrañando testemuñas contra o despoboamento
- 08/02/2023 | A Limia
- A pedagoxía do querer
- 03/02/2023 | Boado
- Recibimos a visita de admirables militantes rurais de Os Ancares (Lugo)
- 02/02/2023 | Lodoselo
- Viajetal Galicia, capítulo 1. Vídeo e podcast
- 26/01/2023
- Participación do CDR no Acto de resolución das convocatorias de proxectos sociais 2022 Galicia da Fundación La Caixa
- 25/01/2023 | Santiago de Compostela
- Reunión co DX de Maiores e Atención Socionanitaria, Antón Acevedo
- 25/01/2023 | Santiago de Compostela
- Contribuíndo a crear un ambiente favorable de coidado e respecto polos animais
- 17/01/2023 | Lodoselo
- Pobos que coidan
- 13/01/2023 | A Limia
- A mocidade limiá establecerá lazos para o ben común coa de Bolivia
- 12/01/2023 | Xinzo de Limia
- Cantámoslle os Reis do Quiquiriquí
- 06/01/2023
- Un rural habitable e habitado
- 04/01/2023 | A Limia
- Xa está aberto o plazo para solicitar o distintivo Empresa Solidaria
- 31/12/2022
- Os Sábados en familia: lecer saudable
- 31/12/2022 | A Limia
- Cantamos os Reis... Sempre
- 29/12/2022 | A Limia
- Eu son... CDR
- 22/12/2022 | A Limia
- Oportunidade grande de traballar en comunidade e para a comunidade
- 20/12/2022 | A Limia
- Contribuíndo á plena Inclusión na comarca da Limia
- 18/12/2022
- A eternidade non ten présa (Concha Rousía)
- 15/12/2022 | A Limia
- Doazóns de alimentos e produtos de hixiene
- 14/12/2022 | A Limia
- O CDR e a Universidade conxugan traballo e investigación co Proxecto “Biocoidados”
- 13/12/2022 | Xinzo de Limia
- O Concello cede os espazos de traballo para o equipo do proxecto FAIN
- 12/12/2022 | Xinzo de Limia
- Voluntariado, compromiso, solidariedade... 5 de diciembre
- 05/12/2022 | A Limia
- Estanlle poñendo cadeado ós pobos
- 02/12/2022 | Lodoselo
- Sete persoas do CDR O Viso participaron no encontro de Biocoidados
- 02/12/2022
- Construíndo un territorio diverso e mellor para todas as personas
- 29/11/2022 | Xinzo de Limia
- Este domingo o CDR O Viso en Incombustibles (TVG)
- 28/11/2022
- A natureza ten dereitos, a muller tamén.
- 26/11/2022 | Xinzo de Limia
- Abre os ollos contra a violencia machista
- 25/11/2022 | A Limia
- II Xornada de convivencia gastronómica.
- 23/11/2022 | Lodoselo
- O CDR contra as violencias machistas
- 21/11/2022 | A Limia
- Viajetal: buscando sabores e saberes 100% locais, propios
- 19/11/2022 | A Limia
- Xornada de convivencia gastronómica.
- 16/11/2022 | Lodoselo
- 20 N. Día da Infancia
- 15/11/2022 | A Limia
- Sábado en familia no Couto Mixto
- 12/11/2022
- Baños de bosque e promoción dos xogos populares e tradicionais
- 10/11/2022 | Trandeiras e Xinzo de Limia
- Negocios que queren xente
- 09/11/2022 | A Limia
- Xornada de Magosto no Centro de Inclusión e...
- 04/11/2022 | Lodoselo
- O CDR O Viso será a entidade que execute o proxecto FAIN (Familia e Infancia)
- 03/11/2022 | A Limia
- Recollemos o segundo lote de alimentos do 2022 (máis de 3.000 quilos)
- 01/11/2022 | Lodoselo
- Visita do equipo técnico de coordinación de COCEDER
- 18/10/2022 | A Limia
- O despoboamento é a lapa que queima os nosos montes
- 06/10/2022
- Vivir e invertir na Limia
- 03/10/2022
- A soidade non desexada non é un fracaso individual, senón un fracaso como sociedade
- 01/10/2022
- Encontro Asemblea da Rede do Rural
- 30/09/2022 | Parada do Courel
- Xornada chea de información que deixa pouso para a reflexión
- 26/09/2022 | A Limia
- As pequenas accións valen moito
- 26/09/2022
- Xornadas de xogos populares no Centro Penal
- 21/09/2022 | Pereiro de Aguiar
- Seguindo as pegadas: Mina das Sombras
- 19/09/2022 | Lobios
- A dimensión social das áreas rurais
- 16/09/2022 | Santiago
- Intervención Multidisciplinar na diversidade en contextos educativos
- 16/09/2022 | Ourense
- Retomamos o programa de educación infantil familiar
- 14/09/2022 | A Limia
- A paisaxe tamén é a Memoria da Humanidade
- 13/09/2022 | Monterrei
- Visitounos a Directora da Cámara Oficial Mineira de Galicia
- 02/09/2022 | Lodoselo
- Acabou agosto e con el remata o noso programa de Concilia Verán
- 01/09/2022 | Lodoselo
- Xogar en comunidade, vivir en comunidade
- 29/08/2022 | A Limia
- Andaina polo Camiño de Santiago entre Boado e Xinzo
- 26/08/2022 | A Limia
- Somos territorio
- 19/08/2022 | Lodoselo
- Olimpíadas rurais
- 18/08/2022 | A Limia
- Seguimos na loita contra o despoboamento
- 16/08/2022 | A Limia
- O programa Biocoidados en fase de implementación
- 13/08/2022 | A Limia
- Relevante colaboración económica do Concello de Xinzo de Limia, un ano máis
- 10/08/2022
- A auga, un recurso vital
- 06/08/2022 | Lodoselo
- A Deputación subvenciona, un ano máis, o noso proxecto integral de intervención actualizado
- 01/08/2022 | A Limia
- Aprendemos o que amamos
- 01/08/2022 | Lodoselo
- Unha ovella no inverno apaga máis lumes que un helicóptero no verán
- 26/07/2022
- Xornada de educación ambiental no concilia
- 24/07/2022 | Lodoselo
- Acollemos a visita da Conselleira de Política Social e Xuventude
- 07/07/2022 | Lodoselo
- Novos cursos de formación online
- 05/07/2022 | A Limia
- Concilia verán 2022
- 05/07/2022 | A Limia
- Na festa do Pico, pico, zarandico
- 04/07/2022 | Laroá
- Xuventude Mentoring, formación e mentorización
- 30/06/2022
- A volta do Pobo-escola
- 29/06/2022 | Lodoselo
- O CDR O Viso continúa un ano máis na MAP galega do SHERPA
- 29/06/2022 | Santiago de Compostela
- Ser especialistas en persoas
- 28/06/2022 | Lodoselo
- A vida xa a temos gañada ó nacer
- 28/06/2022 | Lodoselo
- Preséntase o libro A Memoria da Auga
- 24/06/2022 | Boado