Accesibilidad

Noticias 

Loitando contra a pobreza e a exclusión dende o rural

Participamos na xornada online da EAPN

04/12/2020

Na xornada deste venres 4 de decembro participamos na xornada de loita de forma eficaz contra a pobreza e a exclusión social organizada pola EAPN, organización da que tamén formamos parte e coa colaboración da agrupación de asociacións Terra e Xente da que tamén o CDR O Viso forma parte como unha das entidades fundadoras.
O obxectivo desta actividade foi o deseño de propostas para asegurar a loita contra a pobreza e a exclusión, así como o acceso á vivenda accesible e ó emprego inclusivo. Desde unha visión positiva e propositiva abordáronse estas áreas a través dun diálogo inicial moderado pola presidenta de COCEDER España, Tamara Balboa, xunto a representantes técnicos das Consellerías de Medio Rural e Política Social.
A continuación  un panel de experiencias coa participación de CDR O Viso, Federación Galega de Turismo Rural, Daqui Darredor, Milhulloa, COGAMI e Fundación Entretantos e, por último, traballamos en grupos no que as persoas participantes poidemos validar as demandas xa expostas desde EAPN ás distintas forzas políticas, así como identificar novas propostas e medidas de actuación.

Unha sorte atoparnos entre xente con sensibilidade que se organiza para axudar, xente que nos temos ido acompañando dende hai anos neste empeño de estar atentos a que os demais tamén estean ben. E coa sensación de estarmos de socorristas dos desastres sociais ocasionados polos intereses dos grupos económicos (que amparan os grupos de presión e os poderes políticos). Uns a fabricar pobres e outros a amortiguar procesos de exclusión, marxinación.

http://eapn-galicia.com/es/ap%C3%BAntate-para-luchar-contra-la-pobreza-y-la-exclusi%C3%B3n-del-medio-rural/

 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias