Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 15/06/2020 |

8 anos da inauguración do Centro de Inclusión

Neste aniversario retomamos algunhas actividades no Centro

15/06/2020 | Lodoselo

Hoxe 15 de xuño estamos de aniversario. Hai xusto 8 anos inaugurábase en Lodoselo o Centro de Inclusión do CDR O VISO coas veciñas e veciños, xente amiga e autoridades públicas.
Neste percorrido téñense atendido a centos de persoas que reciben os servizos de comedor no centro ou a domicilio, hixiene e lavandería, terapia ocupacional, apoio psicolóxico, rehabilitación cognitiva, traballador social, perruquería e podoloxía, rehabilitación físico-funcional entre outras. No último ano incorporouse unha Casa Niño que permitiu afianzar o vencello maiores-infancia.
Nestes meses, debido á situación xerada pola crise sanitaria, faltounos o máis importante do Centro: as persoas. E xusto hoxe, coincidindo co día do aniversario, retomamos as terapias individuais e o servizo de comedor no centro, cumprindo estrictamente as medidas de seguridade, ratio e hixiene.
Valoramos as actividades grupais como terapéuticas e agardamos que pronto poidamos reestablecelas.
Grazas a todas as persoas que nos apoiastes desde o inicio, ás que voluntariamente axudastes a que isto sexa unha realidade que mellora a vida das persoas cada día.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias