Accesibilidad

D.2- Ruralempréga-T

D.2- Ruralempréga-T
Inclusión persoal, social e laboral

Desde - Hasta: 01/02/2013 - Actualmente

Un espazo de mellora social:

- Intermediación laboral

- Bolsa de emprego

- Prácticas non laborais

- Formación ocupacional. 

Ruralempréga-t é un programa do CDR "O Viso" que promove a inserción social e laboral de persoas en risco de exclusión social ou situación de vulnerabilidade (desempregadas de longa duración, maiores de 45 anos, mulleres, mocidade e, especialmente aquelas con baixa cualificación profesional). Ao mesmo tempo, está aberto a toda a cidadanía interesada na mellora das súas competencias para a promoción sociolaboral.
 

OBXECTIVOS
Contribuír á mellora da calidade de vida das persoas e grupos participantes, mediante un proceso de acompañamento profesional que mellore as competencias sociais e laborais  de cara á busca de emprego e á mellora persoal:

  • Mellorar as habilidades sociais e potencialidades persoais para a busca de emprego.
  • Facilitar un espazo de mellora social.

COMO
Realízanse itinerarios de incorporación social e laboral, con dúas áreas de intervención:

  • Atención individualizada e personalizada.
  • Actuacións de grupo. Por exemplo, seminarios formativos sobre habilidades sociais e da comunicación, e de técnicas para a busca activa de emprego.

CONTACTO
Para participar neste programa podes solicitar unha cita por teléfono ou persoalmente os luns de 10 a 12, mércores de 16:30 a 18:30 ou por correo electrónico.
Tfno: 988 461 571  Enderezo electrónico: areasocial@cdroviso.org
Praza maior, 1 – 1º A  CP 32630 Xinzo de Limia (Ourense)