Accesibilidad

D.4. Proxecto FAIN (Familila e Infancia)

D.4. Proxecto FAIN (Familila e Infancia)
P. piloto con familias vulnerables. Respostas integrais e personalizadas

Desde - Hasta: 01/12/2022 - 01/10/2023

O FAIN é un proxecto piloto dirixido a familias con nenas, nenos e adolescentes menores, perceptoras do Ingreso Mínimo Vital (IMV) e da Renda de Inclusión Social de Galiza (RISGA), e a atender a vulnerabilidade vinculada á exclusión territorial.
Desenvolvido pola Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia en colaboración con entidades de iniciativa social en resposta ó Real Decreto 938/2021 polo que se regula a concesión directa de subvencións do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia financiado pola Unión Europea (NextGenerationEU).
Levarase a cabo por subproxectos territoriais correspondentes a zonas xeográficas tanto urbanas como rurais. Da súa execución operativa encárganse as entidades de iniciativa social especializadas neste tipo de intervencións, entre elas a nosa, o CDR “O VISO” encargada da área Rural 29 que comprende os concellos de: Xinzo de Limia, Baltar, Calvos de Randín, Os Blancos, Rairiz de Veiga, Vilar de Barrio, Porqueira, Vilar de Santos, Sarreaus e Transmiras.
O Proxecto terá unha duración de 10 meses, dende Decembro de 2022 a Outubro de 2023. Neste tempo servirá para propiciar unha oferta integral de apoios personalizados e adaptados ás persoas beneficiarias en tres dimensións:
- Un paquete de apoio social que inclúe o coidado, a saúde, a vivenda e o subministro enerxético, as competencias dixitais, a parentalidade e as redes de espazos e cooperación.
- Un paquete de apoio educativo que se centra na continuidade e o éxito educativo das e dos menores.
- Un paquete de inclusión activa que engloba a formación e o acceso ó emprego e a conciliación.
A teoría do cambio que está na raíz da formulación do Proxecto entende que unha atención intensa coas familias perceptoras de IMV/RISGA que se centre en respostas integrais e personalizadas pode contribuír a mellorar a súa inclusión social e a reducir ou evitar factores que poidan conducir ou agravar unha situación de exclusión e pobreza. Esta inversión pon especial atención na infancia, xa que si se sostivese a largo prazo podería previr a transmisión da pobreza interxeracional.