Repositorio de experiencias
Raúl Piles
"Un fotógrafo de Valencia por Lodoselo documentando o despoboamento en contornas rurais"
03/08/2021
"
O pasado 14 de xullo durante a miña viaxe por Ourense para a rodaxe do meu novo documental, fun parar a Lodoselo, un precioso pobo que me faría descubrir moitas e moi marabillosas cousas.
É por iso que hoxe veño aquí a compartir como cheguei ata alí e que fixen. O primeiro de todo, presentarme. O meu nome é Raúl Piles, son un fotógrafo de Valencia que despois da famosa pandemia e un vórtice de traballo, decidiu fuxir e contar unha historia que lle tocaba directamente ao corazón, O DESPOBOAMENTO EN CONTORNAS RURAIS. Embárqueime nunha viaxe vital, durante todo o mes de xullo, sen rumbo fixo máis aló de perderme entre pequenas aldeas de Ourense, coas miñas cámaras e dron, durmindo e vivindo nun coche e descubrindo e documentando o descoñecido para moitos, a vida rural.
Durante os primeiros días fun un pouco perdido, cruzando aldeas e aldeas totalmente baleiras, nas que non atopaba practicamente a ninguén e a quen atopaba, non conseguía entrevistar. Pero aos poucos funme atopando con xente que me poñía en contacto con outras persoas. Foi desa forma como cheguei ó CDR O Viso e concretamente ao contacto de Toño. Tras algunhas chamadas erradas, decidín ir cara Xinzo de Limia a buscalos. Primeiro topeime coa antiga dirección da sede, pero finalmente conseguín chegar ás súas oficinas, onde me remitiron directamente a Lodoselo, onde me atoparía con Toño e con moitas outras persoas, como un grupo de nenos de campamento de verán, un mozo repoboador, chamado Fran e un grupo de encantadores maiores no centro de día. Fale con eles e a partir de aí, construín unha serie de entrevistas, que estou actualmente en proceso de revisión, selección e montaxe, que serán a base do documental. Contáronme historias de inmigración, anécdotas dos pobos, o duro da vida no pobo e en contraposición, o marabilloso que é fuxir da cidade a lugares como ese.
Tamén, aparte dos vídeos que veredes no documental, aproveitei para facer unhas fotos que vos quero compartir neste post dos preciosos animalitos que andaban soltos pola praza do pobo. https://www.kizoa.com/Video-Editor/d366449239k5662215o1l1/Ral_Pires._Fotos
Tamén me gustaría comentarvos e pedirvos que se estades a ler isto e tedes algún familiar, algún amigo ou coñecido que teña algo interesante que achegar ao documental, como historias da infancia, datos técnicos sobre o tema, historias de repoboación... E queredes participar neste proxecto. Podedes poñervos en contacto comigo a través do meu correo electrónico " raulpilesbeldad@gmail.com "
Este proxecto esta totalmente autoxestionado, auto dirixido, autofinanciado e non depende de ningunha produtora, axencia ou similar. Polo que ao ser un proxecto propio, está aberto a engadidos, cambios, achegas...Ata o día da estrea. Así que se queredes participar Non dubidedes en poñervos en contacto comigo!
Moitísimas grazas pola acollida, a achega, o recibimento e a oportunidade. Grazas a vós este proxecto ten outra vida. Grazas. E irémosvos contando como vai o proxecto e ensinándovos cositas. Un abrazo familia!
"
Arquivado en: