B.3- Servizos no domicilio

Contigo, cos teus, no teu pobo, na túa casa.
Desde - Hasta: 01/05/1999 - Actualmente
Co obxectivo de que os nosos maiores poidan permanecer no seu fogar, dende o CDR “O Viso”, ofertamos os seguintes servizos para aquelas persoas maiores e as súas familias, que necesiten axuda no seu día a día:
- "Xanta na Casa" : Servizo de comedor comunitario con subministración externa.
- Servizo de terapia ocupacional e rehabilitación menor.
- Atención psicolóxica.
- Servizo de transporte adaptado.
- Medidas de apoio e acompañamento: - Servizo de ludo-biblioteca: préstamo de material didáctico e informativo para familias con maiores dependentes. - Servizo de préstamo de axudas técnicas e de valoración da accesibilidade do fogar. - Atención e apoio aos nosos maiores dependentes e ás súas familias e/ou persoas coidadoras. - Servizo de acompañamento hospitalario e xestións básicas. - Servizo de preparación de medicación semanal.
Máis información no teléfono 988 46 15 71 ou no enderezo electrónico info@cdroviso.org.