Noticias
© CDR O Viso | 04/12/2025 | Día do voluntariado 2025 3
Tratando ós demais e ó medio co coidado que todo o valioso merece
Día do voluntariado: a opción de actuar con decencia e difundir esa decencia
05/12/2025
No Día internacional do voluntariado queremos agradecer especialmente ás persoas voluntarias no CDR O Viso o seu compromiso por contribuír á construción de novas ruralidades, a un rural habitable e habitado. Persoas solidarias a tempo completo que vivimos o conflito permanente entre a dura realidade e a utopía da primacía do ben común sobre os egoístas intereses de cadaquén.
Tamén a todas as persoas que formando parte do CDR como persoal laboral dan o mellor de si non só como profesionais eficaces e eficientes no seu cometido senón e tamén porque son expresión de solidariedade, gratitude, xenerosidade, altruísmo; persoas militantes que son moi conscientes do sentido e alcance do seu actuar, comprometidas cunha cosmovisión da persoa e da realidade que queremos construír.
E facemos un chamamento a que outras persoas militantes se sigan incorporando a este empeño porque non só outro mundo é posible senón que este mundo é imposible desde o momento que seguen a aumentar os procesos de exclusión e marxinación. A denunciar os problemas sociais que son máis problemas estruturais que individuais e anunciar que o auténtico valor da solidariedade é a loita pola xustiza social.
Sen esquecernos do noso compromiso co territorio e todo o traballo que entraña ese vivir en harmonía co medio: dende a produción de alimentos ó mantemento da diversidade e a paisaxe. Coidados tamén da horta, fincas, pasteiros, lameiros e poulas... das sementes, dos animais; segar, rozar, carrexar a leña e a herba, pastorear, etc.

Esta actividade forma parte do programa “COÑECER, CONSERVAR E COIDAR A NOSA CONTORNA”. Actuacións de sensibilización en materia de voluntariado ambiental, financiado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, dentro da subvención para a implantación de programas de interese social con cargo á asignación fiscal do 0,7% do IRPF do ano 2024
Arquivada en:
Infórmate > Noticias