Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 21/11/2025 | Acto la Caixa A Coruña 2025 1

Participamos no acto de resolución da Convocatoria de Proxectos Sociais Galicia 2025 da Fundación ”la Caixa” na Coruña

Unha sociedade que se responsabiliza de si mesma

21/11/2025

A Convocatoria de Proxectos Sociais da Fundación ”la Caixa” seleccionou en Galicia 60 proxectos de entidades sociais ós que destinará máis de 1,5 millóns de euros. Un deles o do CDR O Viso. Co obxectivo de seguir promovendo a inclusión social, a igualdade de oportunidades e a mellora da calidade de vida, así como de contribuír á construción dunha sociedade máis xusta, inclusiva, equitativa e solidaria.
A maioría dos proxectos sitúanse nalgunha destas 7 liñas de actuación: inserción sociolaboral; acceso a recursos residenciais temporais; convivencia intercultural; promoción de hábitos saudables e xestión emocional; prevención das violencias e as adiccións; cultura como ferramenta para a inclusión social e inclusión dixital.
O subdirector xeral da Fundación ”la Caixa”, Marc Simón, puxo acento no rigor, a proximidade e a contribución a unha sociedade máis xusta. Na confianza e a flexibilidade. A necesaria humanidade, acompañar ás persoas. Responsabilidade e perseveranza na actuación para conseguir cambios. Lembrounos que desde hai máis de 25 anos impulsan de maneira ininterrompida iniciativas de entidades sociais en todas as comunidades autónomas; iniciativas que xeran oportunidades, promoven a equidade e contribúen a reducir as brechas da desigualdade. Ademais, son un motor de cohesión social e territorial.
Os datos que nos achegaron falan de 60 proxectos seleccionados que permitirán atender a máis de 11.700 persoas en situación de vulnerabilidade; levaranse adiante da man de 240 profesionais e 406 persoas voluntarias. Do total de proxectos seleccionados, o 40 % está dirixido a actuar contra a pobreza e a fomentar a inclusión social; o 50 % diríxese a persoas con discapacidade, trastorno mental ou enfermidade, e o 10 %, a persoas maiores.
A escala territorial os proxectos están distribuídos entre 25 localidades de Galicia.
• Vigo (18 proxectos)
• A Coruña (8 proxectos)
• Santiago de Compostela (7 proxectos)
• Monforte de Lemos, Ourense (3 proxectos por localidade)
• Ferrol, Lugo, Pontevedra (2 proxectos por localidade)
• A Estrada, Ames, Cee, Cervo, Chantada, Curtis, Lobios, Moaña, Monterroso, Narón, Noia, O Porriño, Parada de Sil, Ponte Caldelas, Porto do Son, Redondela, Sarreaus (1 proxecto por localidade)
Tivemos un momento para saudar, conectar e estar coas outras entidades así como agradecer a Marc, Susan, Sandra... que sigan contando connosco. Aproveitamos para convidalos a vir ó noso territorio. Tamén ós representantes no acto da Xunta de Galicia, á directora xerente da FUNGA, Eloína Injerto, e ó Director Xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, que pechou o acto agradecendo á fundación a súa implicación co tecido asociativo galego e púxoos como exemplo e referente na atención social.
 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias