Axenda de actividades
© CDR O Viso | 04/11/2025 | Cartel sábados en Familia
Recollida de Landras e Castañas
Sábados en Familia
08/11/2025 -
Este sábado, 8 de novembro, celebramos unha nova edición de Sábados en Familia.
Pasaremos unha mañá compartida recollendo landras e castañas, co obxectivo de utilizalas en futuras plantacións para repoboar parte do monte queimado. Con esta actividade queremos concienciar aos máis pequenos sobre a importancia da prevención dos incendios forestais e do traballo en comunidade.
Todas e todos estades convidados a participar e a compartir con nós este día especial, contribuíndo a coidar e recuperar a nosa contorna natural.
Lugar: Casa Reitoral de Lodoselo
Hora: 11:00 h
Teléfono para inscricións: 988 46 15 71
Agardámoste con ilusión para vivir unha xornada de aprendizaxe, colaboración e respecto pola natureza.
Esta actividade forma parte do programa Familia e Comunidade, financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, dentro da subvención para a implantación de programas de interese social con cargo á asignación fiscal do 0,7% do IRPF.

Lugar de celebración:
Lodoselo
Arquivada en:
Infórmate > Axenda de Actividades