Noticias
© CDR O Viso | 06/02/2025 | Programas IRPF para o 2025. 15
O CDR como ecosistema de servizos de proximidade
Co empeño de sermos fieis ó esencial
06/02/2025
Estamos moi ilusionados por compartir con vós os programas que temos este ano. A gran maioría son de continuidade. E seguimos apostando pola calidade, a innovación e novas oportunidades para todas e todos. Mantemos os programas que xa coñecedes e que seguen a responder ás necesidades/potencialidades da nosa realidade, pero tamén sumamos dúas novas propostas pensadas para responder a outras detectadas.
Os nosos programas están enfocados en diferentes ámbitos pero sempre en clave comunidade. Traballamos con tódolos sectores da poboación, coas persoas maiores, a infancia, a promoción da igualdade e a loita contra o despoboamento... E renovamos o forte compromiso co noso medio rural e co desenvolvemento comunitario a escala humana como principal eixo de acción.
Prestamos especial atención ás necesidades das persoas da comarca, sobre todo no ámbito dos coidados, a educación e o apoio ás familias en risco de exclusión. Queremos seguir acompañando e ofrecendo o que somos, o que temos para mellorar a calidade de vida de todas e todos.
Achégate, pide máis información, implícate, comparte as túas propostas, axúdanos a facer as cousas mellor porque en todas temos marxe de mellora. Agradecémosvos a confianza, as propostas, as críticas e as ganas de seguir formando parte desta aventura.
Estas actuacións son posibles grazas ó financiamento das Consellerías de Política Social e Igualdade e de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, dentro da subvención destinada á realización de programas de interese social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias