Accesibilidad

Noticias 

© As. Aquilino I. Alvariño | 08/12/2024 | Exc. As. Aquilino I. Alvariño 8

Afrontando colectivamente o reto do envellecemento

Asociación Fogar de Xúbilo, Muimenta (Lugo)

08/12/2024 | Lodoselo

Este domingo, 8 de decembro, recibimos en Lodoselo, no CDR O Viso a un grupo de 28 persoas de Muimenta (Lugo). Xa teñen estado aquí varias veces os da Casa de familia Lar de Muimenta. Fogares Lar é unha asociación fundada no 1987 que naceu como froito dunha iniciativa común entre varias persoas que apostaron pola creación de distintos fogares, hoxe casas de familia, nas que conviven con nenos, nenas e adolescentes en situación de risco ou desamparo, prestándolles un modelo familiar alternativo, de seguridade (cálido e confortable), onde estivesen sempre acompañados/as por figuras adultas de referencia que lles transmitisen estabilidade e unha relación de afectividade significativa.
Pero nesta ocasión foi a Asociación Aquilino Iglesia Alvariño Muimenta a que organizou e adaptou a súa excursión e viñeron visitar a nosa experiencia, co obxectivo de dar un empurrón a unha nova asociación "Fogar de Xúbilo” que se acaba de crear no pobo. Co propósito de afrontar colectivamente o reto do envellecemento e constituír un modelo habitacional, que posibilite seguir vivindo na súa casa, no seu medio e cos apoios necesarios que o fagan posible creados e mantidos de forma colaborativa.
Agradecidos por achegarse ata aquí neste día frío (aínda non viñera o frío!) e por facernos partícipes deste empeño no que cada vez coñecemos máis experiencias deste tipo; de pobos que coidan, de xente que se organiza e busca autoxestionar esa etapa da vida procurando un modelo que se adapte ás necesidades e intereses dos participantes. Ir pensando e decidindo  como queren vivir, implicados no deseño, na maneira na que queren ser coidados e demais aspectos que serán relevantes na velleza.  
Despois de xantar aproveitaron para visitar Allariz, coñecer a súa xestión de reciclaxe, aprender de Bernardo a coidar e mellorar o medio e gozar da espectacular decoración de Nadal que brinda Allariz nestas datas.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias