Noticias
© CDR O Viso | 14/11/2024 | Sandiás P. Despoboamento 1
Sandiás dá un paso contra o despoboamento
14/11/2024
O Concello de Sandiás e o Centro de Desenvolvemento Rural O Viso asinan un acordo de colaboración para unir forzas contra o despoboamento que ameaza o municipio. A acción, financiada polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, porá en contacto a familias interesadas en emprender proxectos familiares no rural con persoas propietarias de casas ou negocios dispoñibles para alugar ou vender. Nas próximas semanas, o equipo de facilitación rural do CDR visitará as tres parroquias do Concello para informar á veciñanza e resolver calquera dúbida ou inquedanza que poidan ter. Felipe Traveso, alcalde de Sandiás, considera que "é unha oportunidade de intentar que haxa máis xente nos pobos, vivindo nas casas que agora están pechadas." O CDR O Viso leva desenvolvendo accións específicas contra o despoboamento desde 2018. Camilo Vila, responsable destas iniciativas, asegura que "nos últimos anos chegaron 35 familias á comarca, e o reto é ter máis casas onde poder facer vida." A web do Concello de Sandiás incluirá, no seu apartado de Servizos, toda a información necesaria para participar nesta iniciativa, tanto para as familias que viven en zonas urbanas e queren trasladarse ao medio rural como para persoas propietarias de casas ou negocios que queiran formar parte do proxecto.
“PROGRAMA ESTATAL DE SENSIBILIZACIÓN Y CONCIENCIACIÓN SOBRE LA DESPOBLACIÓN Y LA NECESIDAD DE EMPREDIMIENTO EN EL MEDIO RURAL”, financiado por el Ministerio de Derechos Sociales, Consumo y Agenda 2030 dentro de los programas de interés general, con cargo a la asignación tributaria del impuesto sobre la renta de las personas físicas, convocatoria 2023.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias