Noticias
© CDR O Viso | 12/11/2024 | Magosto 2024. 1
Celebramos a tradicional festa do Magosto
Unha mostra da íntima certidume da pertenza, de formarmos parte da comunidade
12/11/2024
O pasado venres 8 de novembro celebramos no noso Centro de Día (Lodoselo) a tradicional festa do Magosto, unha costume que levamos anos realizando. Este evento simboliza a chegada do outono, unha estación que nos trae moitas lembranzas e sabores, e que aproveitamos para compartir xuntos, tanto os nosos maiores como a comunidade da que forman parte
Este ano, coma sempre, contamos coa presenza de moitos convidados especiais: os nosos queridos usuarios e usuarias, a veciñanza do pobo, persoal traballador, voluntari@s e os pequenos da Casa Niño. A súa compañía fixo que a xornada fose aínda máis especial, enchendo o ambiente de risas, recordos e moita alegría.
O Magosto segue a ser unha data chea de significado para nós e os nosos maiores, pois rememoran aqueles momentos nos que, nas súas casas ou no traballo do campo, se reunían arredor do lume para asar as castañas e compartir ese agasallo da natureza. Lembran como, entre traballo e tarefas diarias, o Magosto representaba un tempo de descanso e celebración, un momento de xuntanza e unión entre amigos e familia, ao redor do fumeiro e co sabor das castañas.
Hoxe os tempos cambiaron, pero a esencia do Magosto segue viva. Neste ano, ademais de degustar as tradicionais castañas asadas, os nosos maiores puideron gozar dun tempo de ocio e baile, ao son da música e rodeados da boa compañía. Foi unha xornada chea de risas, de moito movemento e, por suposto, de lembranzas compartidas que fixeron que todos os presentes se sentisen parte desa tradición que segue mantendo viva a nosa cultura popular.
Unha celebración chea de calor humano e de recordos que, sen dúbida, quedará no corazón de todas e todos. Aínda que o lume xa non arde nos fogares como antes, este Magosto fixo que o espírito de xuntanza e alegría se mantivese ben vivo. É ademais unha data especialmente lembraba por nós porque seguramente aquel magosto de 1985 foi unha das primeiras actividades que organizamos cando nos conformamos xuridicamente como entidade; ver que estes días se celebra o magosto en case todas as comunidades, pobos (Nocelo, Sarreaus, Lodoselo -enlace ó Magosto- ...) é unha mostra da íntima certidume da pertenza, de formarmos parte da comunidade. Non estamos sós, sentímonos queridos, apreciados. Que contan con nós. Celebrámolo e gozámolo.
«Actuación enmarcada dentro do programa “Aldeas Activas e saudables”, financiado pola Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia na subvención destinada á realización de programas de interese social, con carga á asignación tributaria do 0,7% do IRPF.»

Arquivada en:
Infórmate > Noticias