Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 06/11/2024 | IES Lagoa de Antela

A mocidade da Limia adéstrase en confianza e motivación

Cunha proposta actualizada do Departamento de Orientación do IES e a Área Educativa do CDR

06/11/2024

O IES Lagoa de Antela e o Centro de Desenvolvemento Rural O Viso desenvolven unha acción educativa co alumnado de 4º ESO dirixida a mellorar as competencias individuais e de relación da xuventude limiá. O Departamento de Orientación do IES e a Área Educativa do CDR crearon unha proposta pensada en axudarlle á mocidade nun momento importante na súa toma de decisións, nomeadamente formativas.
A acción é unha versión actualizada do traballo que se vén desenvolvendo nos últimos anos co último curso do ensino secundario no instituto. Un dos obxectivos desta formación é o achegamento do alumnado ó Centro de Desenvolvemento Rural, recurso ó que acoden despois para acompañamentos na solicitude de becas, información sobre programas formativos, laborais e de intercambio ou asesoramentos formativos para a construción de plans. No último curso, 80 mozos e mozas accederon a estes servizos.
O equipo directivo do IES Lagoa de Antela reforza así o seu compromiso por formar ós seus alumnos e alumnas nas competencias necesarias para favorecer o seu tránsito á vida adulta máis alá das aprendizaxes académicas. O alumnado navegará no espectro das emocións para coñecerse mellor e no aumento da motivación para a toma de decisións.
A actividade está financiada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia no marco da subvención para programas de interese social, grazas ao 0,7% do IRPF, dentro do Programa Integral de intervención comunitaria no medio rural.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias