Noticias
© CDR O Viso | 17/10/2024 | A Tecedoira
En ruta coa TECEDOIRA: tecendo redes, coidando-nós
Outra iniciativa comunitaria feita realidade
17/10/2024 | A Limia
Neste ano tivemos a boa noticia de poder contar coa Unidade Itinerante da TECEDOIRA, co obxectivo de mellorar a conexión entre as persoas nas aldeas, desenvolver iniciativas nas que é necesaria a participación da comunidade unindo persoas que viven en núcleos de poboación próximos, xa que a dispersión xeográfica e a falta de transporte na Comarca fai que as persoas maiores ou en situación de vulnerabilidades estean máis desconectadas.
Coa TECEDOIRA queremos chegar máis lonxe na prestación de sevizos de proximidade, queremos conectar a unhas persoas con outras, queremos escoitalas para tecer redes de apoio na comunidade.
Durante tódolos anos de experiencia do CDR O Viso, temos detectadas moitas necesidades no rural, sendo unha das principais, a soidade non desexada e o illamento. Por este motivo, traballamos para propoñer solucións sustentables e sostibles no tempo, para seguir facendo comunidade.
Nesta ocasión, A TECEDOIRA é un soño feito realidade, xa que un equipo de profesionais da rama social, realizará un percorrido pola Comarca para visitar a xente, coñecer de primeira man propostas de mellora en materia dos coidados, facilitar a posta en marcha de puntos de encontro comunitarios, promovendo a creación e mantemento de redes de apoio.
No CDR O Viso, un dos nosos lemas é Coidarme, Coidarte, Coidarnos e A TECEDOIRA será unha das nosas ferramentas para tecer redes de coidados na Comarca. Levamos xa os primeiros quilómetros de percorrido e pretendemos “estar en ruta” o máximo tempo posible para chegar onde a xente o precise.
Estas accións enmárcanse no proxecto Biocoidados: Novos modelos de coidados prestados pola comunidade, centrados na persoa, en contornas rurais; está vinculado ao Plan de Recuperación Transformación e Resiliencia do Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030 e financiado pola Unión Europea- Next GenerationEU. Promovido pola Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural (COCEDER).

Un agradecemento especial a Arte Dixital & Losada Rotulación polo deseño magnífico e o traballo super profesional que realizaron na imaxe e rotulación da TECEDOIRA. Grazas ao seu talento e dedicación, levamos a nosa iniciativa con moito orgullo e coidado.
Arquivada en:
Infórmate > Noticias