Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 04/09/2024 | Códigos qr

Facer o ben senta ben

Formalizamos no posto da Gardia Civil de Trasmiras unha denuncia

04/09/2024

Leva tempo, merece respecto; require pausa, calma, elaboración permanente... Tempo destinado a ser, mirar, estar, sentir, pensar... para converter a experiencia en aprendizaxe. Unha necesaria disposición ética, o desexo de querer entenderse.
Ocorre que hai trastornos mentais graves que son unha enfermidade social e un reto para o cerebro. Padecer unha vida desvinculada dos demais e da contorna empeóranos moito. Tanto que destruír é a opción escollida; actitude covarde, aldraxante, tan ridícula que se esconde no anonimato.
Se a metade de xuño faciamos público coa entrada na web e a difusión nos medios de comunicación con este titular “A dor é obrigatoria, o sufrimento opcional. Vandalismo contra o noso patrimonio” a data de 3 de setembro formalizamos no posto da Garda Civil de Trasmiras a denuncia de que este vegoñento proceder por parte de alguén segue producíndose.
Así, pequenos carteis de vinilo laminado con soporte forex, un total de 14, que colocaramos polo pobo con códigos qr para coñecer o noso medio rural, a nosa cultura concreta e particular cun xogo de pistas, unha proposta actualizada, diciamos entón do Pobo - escola: aprender no pobo, do pobo, o pobo... comezaron o 4 de xuño, posteriormente o 8 e  14 de xullo, o 5 e 9 de agosto,  a ser arrancados e desaparecidos. Un total de seis. Repuxemos tres e este pasado sábado e o luns 2 de setembro volvían estar, dous deles, os que están na porta da casa reitoral, desaparecidos e esnaquizados.
Tamén o 17 de agosto atopabamos roto o cristal da carteleira e pensamos que poderían ser os efectos das festas nunha desafortunada acción; colocado o cristal alguén quixo facerse notar e deixounos escrito o 25 de agosto a seguinte mensaxe: Mantenga limpio Lodoselo FORA OVELLAS AVES.
Está claro que cada persoa escolle a súa actitude ante a vida. Non fai falla elaborar complicadas teorías para tratar de explicar o que está a suceder. Non hai mellor teoría que a realidade e esta é moi teimuda. Sabémolo ben.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias