Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 21/05/2024 | Somos un equipo

Formación popular no Centro Lodoselo

Lei da Dependencia, discapacidade, instrucións previas.

27/05/2024 -

Charla Formativa en Lodoselo
O vindeiro luns, 27 de maio, ás 16:00h, convidámosvos a participar nunha interesante charla formativa no Centro Lodoselo.
A Traballadora Social do Centro de Saúde de Xinzo e Natalia López Macía falarán sobre temas de gran relevancia:
- Lei da Dependencia: Grados e tipos de axudas dispoñibles
- Discapacidade: Información e recursos
- Instrucións Previas: Como formalizalas e a súa importancia
Non perdas esta oportunidade para informarte e resolver todas as túas dúbidas. Agardámoste!
O Programa Aldeas Activas e saudables é posible grazas ó financiamento obtido da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia a través da subvención destinada á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas e o imposto de sociedades.
Lugar de celebración:

Lodoselo

Arquivada en:
Infórmate > Axenda de Actividades